O Hío, Cangas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| O Hío | |
|---|---|
| Igrexa parroquial | |
| Concello: | [[]] |
| Área: | - km² |
| Poboación: | (Ano 2004) 2825 hab. |
| Densidade: | - hab./km² |
| Entidades de poboación: | 7 |
Santo André do Hío é unha parroquia que se localiza no oeste do concello pontevedrés de Cangas. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 2.825 habitantes (1.424 homes e 1.401 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 2.885 habitantes.
Índice |
[editar] Lugares de interese
É famoso o cruceiro do Hío, obra de Xosé Cerviño no século XIX, canteiro de Augasantas. Está situado frente ao adro e forma parte dun conxunto artístico-relixioso composto pola igrexa románica de Santo André de Hío e mais a casa reitoral.
É da gran valor cultural un santuario galaico-romano na aldea de Donón, situado na Costa da Vela, concretamente no Monte do Facho.
Tamén son famosas as súas praias, moitas delas contan coa Bandeira Azul.
[editar] Festas
Son afamados os seus festexos populares do entroido. Cada un dos sete lugares organiza unha comparsa e contrata un cuarteto de gaita. Van desfilando a pé por un percorrido xa tradicional que percorre a parroquia enteira nunha máxima exaltación da festa que dura todos os días do entroido.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Cangas.
[editar] Lugares e Parroquias
[editar] Lugares do Hío
| Lugares da parroquia do Hío, no concello pontevedrés de Cangas | |
|---|---|
|
Donón | O Igrexario | Liméns | Nerga | Pinténs | Vilanova | Vilariño |
[editar] Parroquias de Cangas
| Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cangas | |
|---|---|
|
Aldán (San Cibrán) | Cangas (Santiago e San Salvador) | Coiro (San Salvador) | Darbo (Santa María) | O Hío (Santo André) |