O Gran Burato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°42′00″N 11°47′00″O / 42.7, -11.78333333 O Gran Burato é unha formación natural situada no océano Atlántico, coñecida tamén como 4242 GGPM polas súas coordenadas de latitude e as siglas en inglés de Galician Giant Pock Mark.

Características[editar | editar a fonte]

Consiste nun cráter de 4 km de diámetro e 300 m de profundidade situado a 140 millas (250 km) das costas galegas, a unha profundidade de 1.700 m, sendo considerado o cráter mariño de maior tamaño do mundo. É un tipo de formación xeolóxica habitual dos campos de gas. Este tipo de estruturas fórmase ao agromar o gas na superficie e afundirse o leito mariño. O gran burato formouse hai miles de anos por un escape de gas. A zona mide uns 50 km por 20 km e nela hai máis buratos máis pequenos.

Historia[editar | editar a fonte]

Os primeiros indicios da existencia do cráter son do ano 2000 durante unha campaña para o estudo do paleoclima e a dinámica sedimentaria. Unha investigación para coñecer o clima en Galiza de hai 30.000 anos. En 2007, o buque oceanográfico L'Atalante localizouno moi preto do lugar onde está afundido o Prestige. Tres anos despois unha misión científica da Universidade de Vigo atopou indicios de gas na zona. Dende entón organízanse expedicións de investigación[1].

Explotación[editar | editar a fonte]

O Gran Burato está dentro da Zona Económica Exclusiva española e a súa explotación correspondería ao goberno de España, aínda que a tecnoloxía para extraer o gas non está dispoñible a día de hoxe. O gas estaría conxelado e descoñécese con exactitude a cantidade de gas que podería haber.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.