Serra do Courel
A serra do Courel é unha cordilleira montañosa situada no sueste da provincia de Lugo que se estende polos concellos de Folgoso do Courel, na súa maior parte, Quiroga e Pedrafita do Cebreiro.
Índice |
Localización e características [editar]
Ten unha extensión de 21.020 hectáreas con fortes variacións de altitude, que van dende os 400-500 m no val do río Lor a máis de 1.600 m nos puntos máis altos como Montouto, Formigueiros (1.643 m) ou o pico de Pía Paxaro (1.610 m). O río Lor, e os seus afluentes forman ricos vales con diversos ecosistemas que fan que esta serra sexa a reserva botánica máis importante de Galiza. A poboación esparéxese de xeito disperso, formando numerosos núcleos de poboación.
Nunha sima desta serra atopáronse os restos humanos máis antigos que se conservan de Galiza (entre 8.000 e 10.000 anos) canda os únicos restos de uro (Bos primigenius) achados en todo o país[1].
Estas terras foron un gran referente nas obras de Uxío Novoneyra, poeta e escritor natural de Parada de Moreda.
Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes da Serra do Courel.
Notas [editar]
- ↑ Descobren no Courel os restos humanos máis antigos de Galicia, La Voz de Galicia, 12 de marzo de 2010.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Vázquez Saavedra, Merces. Guía do Courel. ISBN 978-84-8288-634-3.
- As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN-10: 84-8341-126-1