O Barco da Memoria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cuberta do Hidria Segundo.

O Barco da Memoria foi o nome co que se denominou ao barco de vapor Hidria Segundo durante o período no que aloxou a exposición Os Mártires do Mar, unha exposición itinerante organizada pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia para dar a coñecer a represión franquista no tecido asociativo mariñeiro.

A iniciativa, inserida dentro dos actos do Ano da Memoria (2006), comezou o 17 de xullo no porto de Cambados, cun discurso do escritor Manuel Rivas, e rematou o 8 de setembro en Vilagarcía de Arousa. Durante o periplo, no que recalou en dezaoito vilas galegas[1], a exposición tivo unha afluencia de 31.110 persoas.

Baixo este título realizouse tamén un documental para televisión nunha coprodución entre TVG e Saga TV. Foi dirixido por Marcos Gallego en base ao o traballo do comisario da exposición, Dionisio Pereira.[2] A súa estrea tivo lugar na biblioteca de Pontevedra o 8 de xaneiro de 2007.[3][4] Foi emitido tamén vía satélite e a través de Internet o 17 de febreiro de 2007.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Entre outras, Moaña, Baiona, Marín, O Grove, a Illa de Arousa e varios portos do Barbanza.
  2. María Conde (8 de xaneiro de 2007). "A travesía do barco da memoria". La Voz de Galicia. Consultado o 10 de xullo de 2018. 
  3. "A Televisión de Galicia emite o vindeiro sábado, ás 15:42 horas, o filme documental ´O Barco da Memoria´". Nomes e voces. 25 de xaneiro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2018. Consultado o 10 de xullo de 2018. 
  4. "Documental sobre o Barco da memoria". Culturmar. Consultado o 10 de xullo de 2018. 
  5. "Emisión do filme documental ´O Barco da Memoria´ no exterior". Nomes e voces. 5 de febreiro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2018. Consultado o 10 de xullo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Pereira, Dionísio (2004). "O barco da Memoria". Ardentía: revista galega de cultura marítima e fluvial (3): 6–11. ISSN 1699-3128. 
  • "O Barco da Memoria inicia en Cambados a súa viaxe: unha viaxe para espantar o esquecemento", La Voz de Galicia, 16.07.2006.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]