O Apocalipse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pórtico da Gloria en Compostela: Cristo rodeado dos "catro vivintes" e do coro dos anciáns tal como recolle a visión do Apocalipse.

O libro de O Apocalipse, do grego ἀποκάλυψις, que vén de ἀποκαλύπτειν apocaliptein, literalmente descorrer unha cortina, ou revelar, pola que tamén moitas igrexas cristiás o coñecen como Libro da Revelación.

Recolle, en forma das visión típicas da literatura apocalíptica, unha reflexión sobre a situación da primeira igrexa nos tempos do Imperio Romano e unha mensaxe de esperanza para os cristiáns.

Autor de data de composición [editar]

Tradicionalmente considerouse que o apóstolo Xoán era o autor deste libro, como do resto do Corpus Xoánico.

O autor preséntase a si mesmo nos primeiros versículos do libro. "Eu, Xoán, voso irmán e compañeiro no sufrimento, no Reino e na esperanza en Xesús, estaba na illa chamada Patmos por cousa da Palabra de Deus e do testemuño de Xesús. Caín en arroubo o día do Señor e oín detrás miña un berro forte, coma dunha trompeta, que dicía: "o que vas ver escríbeo..." (Ap 1, 9-11).

O estudo da linguaxe do libro, escrito en grego, fala dun autor que enche o texto de arameismos, e que usa construcións sintácticas semitas. Escribe en grego pero pensa en arameo. O libro ten moitas citas do Antigo Testamento pero, en contra do que pasa con outros libros do Novo Testamento, as citas fanse sempre seguindo versións hebreas e non a dos Biblia dos Setenta.

Tamén é certo que o autor nunca se chama a si mesmo "Apóstolo", por outra parte os Pais da Igrexa non son unánimes á hora de atribuírlle o libro ao apóstolo. Seguramente hai que concluír, como pasa co resto do corpus xoánico, que o libro nace na comunidade que tiña ao apóstolo Xoán como fundador e guía.

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]