OGame

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

OGame é un xogo on-line desenvolvido pola empresa alemá Gameforge. O único que se require para xogar a OGame é un navegador web común. En Alemaña é o xogo en liña máis popular, funcionando desde 2001 con 53 servidores de xogo, chamados "Universos". Hai versións noutras linguas, coma o castelán, polaco, ruso, italiano e taiwanés. A versión en castelán ten 46 universos a data de 3 de setembro de 2007.

En OGame, comezas cun planeta principal con 163 campos, no que deberás desenvolver edificios (cada un ocupa 1 campo no planeta), que che permitirán acceder a novas construcións e naves; tecnoloxías e minas, que che proverán dos tres recursos do xogo (metal, cristal e deuterio). Ao avanzar no xogo poderase colonizar ata un máximo de 8 planetas adicionais, tendo así 9 en total (oito máis o principal), unirte ou fundar alianzas etc... O xogo transcorre en tempo real, día e noite, e hai xogadores de diversas partes do mundo; o que o transforma nun xogo verdaderamente adictivo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]