OK Liga
| Fundación | 1969 |
|---|---|
| Rexión | (Federación Española de Patinaxe) |
| Equipos | 14 |
| Actual campión | (24º título) |
| Máis laureado | (24 títulos) |
| Sitio web | Federación Española de Patinaxe |
A OK Liga é a máxima categoría de hóckey sobre patíns en España, e é amplamente recoñecida como unha das mellores ligas do mundo. Ten dous campionatos, o masculino e o feminino.
O campión da competición e os primeiros clasificados disputan a tempada seguinte a Copa de Europa. Os clasificados nas seguintes posicións disputan a Copa CERS xunto co campión da Copa do Rei. Tradicionalmente dende a súa fundación en 1969, os equipos cataláns teñen dominado a competición masculina agás a excepción do equipo galego do H.C. Liceo da Coruña.
Índice |
Historia [editar]
A Liga Española de hóckey a patíns naceu en 1969 baixo a denominación de División de Honra, e na súa primeira tempada estivo integrada íntegramente por equipos cataláns (12 dos 13 equipos que a tempada anterior participaron na Primeira División de Cataluña, e o CE Arenys de Munt e o HC Sentmenat que ascenderan da Segunda División de Cataluña), e o seu primeiro campión foi o Reus Deportiu.
Na tempada 2002-03 mudou o seu nome para a súa denominación actual de OK Liga.
Na tempada 2009/10 cambian bastantes normas desta competición, a mais destacada é a supresión dos play-offs polo título, sendo campión o primeiro clasificado da liga regular, subcampión o segundo clasificado e dese xeito, consecutivamente. Outras normas son adquiridas de deportes como o baloncesto, fútbol sala ou balonmán no senso de posesións, criterios arbitrais, etc.
Participantes 2012-13 [editar]
Historial [editar]
| Tempada | Campión de liga | Subcampión |
|---|---|---|
| 1969–70 | Reus Deportiu | AA Noia |
| 1970–71 | Reus Deportiu | AA Noia |
| 1971–72 | Reus Deportiu | FC Barcelona |
| 1972–73 | Reus Deportiu | HC Sentmenat |
| 1973–74 | FC Barcelona | CP Voltregà |
| 1974–75 | CP Voltregà | FC Barcelona |
| 1975–76 | CP Voltregà | C.P. Vilanova |
| 1976–77 | FC Barcelona | Reus Deportiu |
| 1977–78 | FC Barcelona | CP Voltregà |
| 1978–79 | FC Barcelona | Reus Deportiu |
| 1979–80 | FC Barcelona | CP Tordera |
| 1980–81 | FC Barcelona | AA Noia |
| 1981–82 | FC Barcelona | HC Liceo |
| 1982–83 | HC Liceo | FC Barcelona |
| 1983–84 | FC Barcelona | CP Tordera |
| 1984–85 | FC Barcelona | HC Liceo |
| 1985–86 | HC Liceo | FC Barcelona |
| 1986–87 | HC Liceo | FC Barcelona |
| 1987–88 | AA Noia | HC Liceo |
| 1988–89 | Igualada HC | HC Liceo |
| 1989–90 | HC Liceo | Igualada HC |
| 1990–91 | HC Liceo | Igualada HC |
| Tempada | Campión de liga | Subcampión |
|---|---|---|
| 1991–92 | Igualada HC | HC Liceo |
| 1992–93 | HC Liceo | Igualada HC |
| 1993–94 | Igualada HC | FC Barcelona |
| 1994–95 | Igualada HC | FC Barcelona |
| 1995–96 | FC Barcelona | HC Liceo |
| 1996–97 | Igualada HC | FC Barcelona |
| 1997–98 | FC Barcelona | CP Vic |
| 1998–99 | FC Barcelona | HC Liceo |
| 1999–00 | FC Barcelona | HC Liceo |
| 2000–01 | FC Barcelona | CP Vic |
| 2001–02 | FC Barcelona | Igualada HC |
| 2002–03 | FC Barcelona | CE Noia |
| 2003–04 | FC Barcelona | Igualada HC |
| 2004–05 | FC Barcelona | Reus Deportiu |
| 2005–06 | FC Barcelona | Reus Deportiu |
| 2006–07 | FC Barcelona | Reus Deportiu |
| 2007–08 | FC Barcelona | Reus Deportiu |
| 2008–09 | FC Barcelona | HC Liceo |
| 2009–10 | FC Barcelona | HC Liceo |
| 2010–11 | Reus Deportiu | HC Liceo |
| 2011–12 | FC Barcelona | HC Liceo |
| 2012–13 |
Palmarés [editar]
| Equipo | Campión | Subcampión |
|---|---|---|
| FC Barcelona | 24 | 8 |
| HC Liceo da Coruña | 6 | 12 |
| Reus Deportiu | 5 | 6 |
| Igualada HC | 5 | 5 |
| CP Voltregà | 2 | 2 |
| CE Noia | 1 | 4 |
| CP Vic | 0 | 2 |
| CP Tordera | 0 | 2 |
| C.P. Vilanova | 0 | 1 |
| HC Sentmenat | 0 | 1 |