O'Donell Lorenzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «O'Donell Lorenzo Codesido»)
Edelmiro II
Información persoal
Nome O'Donell Lorenzo Codesido
Nacemento 20 de xullo de 1910
Lugar de nacemento Pontevedra
Falecemento 14 de setembro de 1979
Lugar de falecemento Pontevedra
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1928–1929 Eiriña
1930–1933 Iberia
1933–1935 Espanyol 21 (7)
1935–1936 Levante 11 (5)
1936–1939 Eiriña
1939–1940 Celta de Vigo 3 (0)
1940–1941 Alfonso XIII
1941–1942 Vigués
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

O'Donell Lorenzo Codesido, tamén coñecido como Edelmiro II, nado en Pontevedra o 20 de xullo de 1910 e finado na mesma cidade o 14 de setembro de 1979, foi un futbolista galego, que xogaba na demarcación de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formou parte dunha saga familiar de dianteiros xunto ao seu irmán xemelgo Edelmiro e ao seu outro irmán Gonzalo. Comezou a xogar ao fútbol en equipos do seu barrio antes de fichar polo Eiriña CF, co que debutou en marzo de 1928.[1] Co equipo pontevedrés disputou o Campionato de Galicia nas tempadas 1928/29 e 1929/30.

En xaneiro de 1930 emigrou á Habana, onde levaban xa un tempo seus irmáns,[2] e fichou como eles polo Iberia. Debutou nun partido do Campionato Nacional contra o Olimpia, formando na dianteira xunto a Edelmiro, Pedrito, Bebito e o coruñés Bergés, e marcando o seu primeiro gol.[3] Con este equipo disputou o Campionato Nacional e en decembro de 1931 emprendeu con el unha xira por México, co equipo reforzado con xogadores como os coruñeses Chorens e Cholas.[4][5] Xogou no Iberia ata xullo do ano 1933.[6]

En agosto regresou a España e fichou polo Espanyol, seguindo os pasos de seu irmán Edelmiro, que xogaba no club catalán dende había tres tempadas. Por este motivo foi alcumado Edelmiro II dende a súa chegada.[7] Debutou en partido oficial na primeira xornada da tempada 1933/34, marcando dous goles contra a Real Sociedad en Sarrià (4-0). Ese mesmo ano o Espanyol enfrontouse na Copa do Presidente da República ao Celta de Vigo, equipo no que xogaba o seu outro irmán, Gonzalo, coincidindo os tres irmáns sobre o campo, tanto no partido de ida como no de volta. Xogou no Espanyol ata o ano 1935, cando fichou polo Levante FC, da Segunda División.

Pasou a guerra civil en Galicia, xogando de novo nas filas do Eiriña, onde coincidiu outra vez co seu irmán Edelmiro. Co club pontevedrés disputou as tempadas 1936/37 e 1937/38 do campionato galego. A finais de 1939 o Celta de Vigo fixo varias fichaxes procedentes do Eiriña para reforzarse de cara ao seu debut na Primeira División, e desta maneira chegou a Vigo xunto a Cons e Pirelo.[8]

Debutou co Celta na máxima categoría o 3 de decembro de 1939 ante o Zaragoza, formando na dianteira xunto a Venancio, Nolete e Toro. Porén este sería un dos tres encontros que disputaría en todo o campionato, aos que sumou dous na Copa do Xeneralísimo, sen marcou ningún tanto.

Na tempada 1940/41 xogou no Alfonso XIII, que militaba na Serie A rexional,[9] e na tempada seguinte formou parte do Vigués FC.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "En Orense". Diario de Pontevedra (en castelán) (12978). 19 de marzo de 1928. p. 2. Consultado o 19 de decembro de 2021. 
  2. Peter (14 de xaneiro de 1930). "Tópicos futbolísticos". Diario de la Marina (en castelán). p. 16. Consultado o 20 de decembro de 2021. 
  3. "Los Toros de la "Juventud Asturiana" al Vencer a los Alacranes del Ctro. Gallego Dos Goal Por Uno Mantienen su Invicto". Diario de la Marina (en castelán). 20 de xaneiro de 1930. p. 15. Consultado o 20 de decembro de 2021. 
  4. "El Entusiasmo de los Aficionados Fué Grande Para Despedir a Los Futbolistas Que Van Para México". Diario de la Marina (en castelán). 9 de decembro de 1931. p. 13. Consultado o 20 de decembro de 2021. 
  5. "Perdieron los leones del Iberia su primer encuentro en México". Diario de la Marina (en castelán). 21 de decembro de 1931. p. 11. Consultado o 20 de decembro de 2021. 
  6. Peter (29 de xullo de 1933). "Tópicos futbolísticos". Diario de la Marina (en castelán). p. 12. Consultado o 20 de decembro de 2021. 
  7. "El cuadro del Español para la próxima temporada". La correspondencia de Valencia (en castelán) (22189). 9 de agosto de 1933. p. 4. Consultado o 20 de decembro de 2021. 
  8. "Entrenaron ayer los célticos". El Pueblo Gallego (en castelán) (5040). 17 de novembro de 1939. p. 3. Consultado o 20 de decembro de 2021. 
  9. "Alfonso, 3, Sportivo, 1". El Pueblo Gallego (en castelán) (5318). 8 de outubro de 1940. p. 8. Consultado o 20 de decembro de 2021. 
  10. "El Vigués recibe al Santiago". El Pueblo Gallego (en castelán) (5673). 9 de outubro de 1941. p. 4. Consultado o 20 de decembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]