Informe Nunca Más

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Nunca Más")
30 anos despois os organismos de dereitos humanos seguen a lembrar o contido do Informe Nunca Más

Co nome Nunca Más é coñecido o informe emitido pola Comisión Nacional sobre a Desaparición de Persoas (CONADEP) de Arxentina. É coñecido tamén co nome de "Informe Sábato" posto que foi o escritor Ernesto Sábato quen presidiu a comisión.

A comisión foi creada polo presidente de Arxentina Raúl Alfonsín o 15 de decembro de 1983. O obxectivo era esclarecer os feitos sucedidos no país durante a ditadura militar instaurada desde o ano 1976. A súa misión era a de recibir informes e denuncias sobre as desaparicións, os secuestros e as torturas acontecidos dentro daquel período a mans do réxime, e xerar informes a partir destes.

A comisión entregou o seu informe o 20 de setembro de 1984 ao Presidente da República, ese informe transformouse no libro Nunca Más, que o contén na súa totalidade.

Os seus membros[editar | editar a fonte]

A comisión estivo integrada ademais por Magdalena Ruiz Guiñazú, Ricardo Colombres, René Favaloro (quen despois renunciou), Hilario Fernández Long, Carlos T. Gattinoni, Gregorio Klimovsky, Marshall Meyer, Jaime F. de Nevares e Eduardo Rabossi, ademais dos deputados da Nación Santiago M. López, Hugo D. Piucill e Horacio H. Huarte.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]