Numeración grega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A numeración grega da Antigüidade era dobre: podíase escribir as cifras e os números ben por medio de signos chamados «acrofónicos» porque representaban grosso modo a primeira letra do seu nome en grego antigo ben por medio de letras, como a numeración hebrea ou árabe. Hoxe en día, as cifras que se empregan en Grecia son as árabes.

Numeración alfabética

Este sistema existe aínda hoxe en Grecia, ao xeito dos nosos números romanos na Galiza. Utiliza ademais das letras normais do alfabeto grego, tres letras arcaicas, digamma (trazado as máis das veces como stigma), qoppa (distinto do qoppa literal antigo) e sampi (evolución dunha letre máis antiga). Puramente aditiva, esta numeración non precisa do emprego do cero. Con todo, o cálculo baseado sobre estas escrituras é imposible: os antigos gregos utilizaban fichas situadas sobre ábacos, de madeira ou de mármore, divididos en columnas.

Historia

A numeración alfabética é máis recente cá acrofónica. Foi introducida en Atenas ao mesmo tempo da adopción do modelo xónico de Mileto, en -403. Con todo é máis antiga xa que se atopan testemuños en Mileto do -700. Por isto é chamada tamén «numeración milesia»; o alfabeto de Mileto, convertido en «clásico» grazas a Atenas, non empregaba as tres letras suplementarias mencionadas na escritura das palabras: o seu mantemento na numeración é, pois, un arcaísmo que se explica pola necesidade de teren á súa disposición tres veces nove signos diferentes.

Estes signos, que evolucionaron co tempo, transmitíronse a outras escrituras que tomaran en préstamo o resto das letras gregas: o alfabeto copto, o alfabeto gótico e o alfabeto cirílico.

Lista dos signos

Cifra árabe Cifra grega
1 α
2 β
3 γ
4 δ
5 ε
6 ϝ (digamma) ou ϛ (stigma)
7 ζ
8 η
9 θ
10 ι
20 κ
30 λ
40 μ
50 ν
60 ξ
70 ο
80 π
90 ϟ (qoppa)
100 ρ
200 σ
300 τ
400 υ
500 φ
600 χ
700 ψ
800 ω
900 ϡ (sampi)
1000 ͵α
20000 ͵κ

Usos

Na antigüidade, era frecuente suliñar as letras utilizadas para o valor numeral para distinguilas do resto do texto. Esta numeración transmitiuse a algúns alfabetos derivados do grego, é o caso aínda da copto, e foino mutatis mutandis en gótico e en cirílico utilizado en eslavo antigo. Ás veces, as letras tamén se subliñan. En eslavo antigo, a barra baixa a que estaban estas letras numéricas convértese nun til chamado titlo. As decenas seguen ás unidades ata o dezanove.

Candos os textos comezaron a se imprimir, e basicamente por cuestións tipográficas principalmente, o subliñado superior mudou nun signo único — situado á dereita das letras numéricas — parecido a un acento agudo. Este signo, chamado κεραία keréa «corno» codifícase independentemente en Unicode e leva o número U+0374 («signo numeral grego»). Moitos editores confundiron a κεραία co acento agudo ou o apóstrofo, cousa que é incorrecto semanticamente.

Así, o número 11 escribíase ΑΙ̅, coa κεραία, αιʹ. A κεραία substitúese nos números superiores a 999 por outro carácter que se escribe á esquerda, a αριστερή κεραία aristerí keréa «corno situado á esquerda»: ͵. Por veces, as dúas κεραία empréganse conxuntamente.

Como a letra ϛ (stigma) hoxe xa non se usa, a cifra 6 correspondente escríbese co dígrafo «στ».

Exemplo
Cifra árabe Cifra grega
16 ιστʹ ou ιϛʹ
28 κηʹ
750 ψνʹ
4094 ͵δϟδ

Descendencia

A numeración alfabética grega fixo nacer, directamente ou non, as numeracións alfabéticas seguintes:

Véxase tamén

Outros artigos