Nuevo León

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ESTADO DE NUEVO LEÓN
Nuevo Leon in Mexico.png


Outros Estados mexicanos

Capital Monterrey
Outras cidades primarias Montemorelos
Área
Posición
244,938 km²
Poboación (censo de 2005)
Posición
3.241.444
12°
ISO 3166-2
Abreviación postal
MX-CAM
CAM.


O estado libre y soberano de Nuevo León é un dos 31 estados que xunto co Distrito Federal conforman as 32 entidades federativas de México. Segundo o censo de 2005, tiña 3.241.444 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Limita ao norte colinda co estado estadounidense de Texas, ao sur con San Luis Potosí, ao leste con Tamaulipas, e ao oeste con Coahuila e San Luis Potosí. Nuevo León conta cunha zona fronteiriza no norte de 15 quilómetros co estado de Texas. A súa capital é a cidade de Monterrey. É o estado con maior IDH de México, despois do Distrito Federal.

División Política[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Concellos de Nuevo León.

O estado está dividido en 51 municipios, estando a maior parte da poboación concentrada no de Monterrey. Os alcaldes teñen un mandato de tres anos, podendo ser elixidos en varios períodos non consecutivos.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia de Nuevo León.

Movimiento Insurxente[editar | editar a fonte]

Na Constitución de 1824, Nuevo León quedaba unido á República mexicana como entidade federativa, con gobernador. Esta pertenza ratificouse en 1857 e 1917. O único intento de romper o pacto federal debeuse ao movemento encabezado por Santiago Vidaurri, que constituíu unha protesta polas leis centralistas de Antonio López de Santa Anna. Trala caída do goberno de Santa Ana, coa Revolución de Ayutla, o país regresou á senda federal.

Movemento de La Reforma[editar | editar a fonte]

A mediados do século XIX a pugna entre liberais e conservadores e a invasión dos EUA fixeron estragos na rexión, a cal adquiriu un forte sentido de autonomía e resentimento cara ás autoridades mexicanas. En dúas ocasións o Estado intentou constituírse coma país independente: primeiro como a República del Río Grande en 1840 e como a República de la Sierra Madre arredor de 1855. Ambos os dous intentos foron sofocados polo exército mexicano.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Nuevo León


Estados de México Bandeira de Mexico
Aguascalientes | Baja California | Baja California Sur | Campeche | Chiapas | Chihuahua | Coahuila | Colima | Durango | Guanajuato | Guerrero | Hidalgo | Iucatán | Jalisco | México | Michoacán | Morelos | Nayarit | Nuevo León | Oaxaca | Puebla | Querétaro | Quintana Roo | San Luis Potosí | Sinaloa | Sonora | Tabasco | Tamaulipas | Tlaxcala | Veracruz | Zacatecas
Distrito Federal