Noz de cola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sementes e froitos de Cola.

A noz de cola ou cola[1] é o froito das plantas pertencentes ao xénero Cola da subfamilia Sterculioideae (Malvaceae). As especies máis comúns atópanse en África Occidental e en Indonesia. Cultívase tamén nas Américas dende a época da escravitude negra. O grupo contén un total de 125 especies. Da noz de cola obtíñase o extracto de cola co que se aromatizaban as bebidas de cola.

Usos[editar | editar a fonte]

Posuíndo un gusto amargo e gran cantidade de cafeína, a noz de cola úsase por moitas culturas do oeste africano, tanto individualmente coma en grupo. Moitas veces úsase cerimonialmente ou dada a convidados.

Con ela faise o xarope de cola, utilizado coma ingrediente dalgunhas poucas refrescos de cola. A noz era utilizada orixinalmente para producir coñecidos refrescos de cola, mais foi substituída por aromatizantes artificiais co obxectivo de diminuír custos na produción en masa. Algunhas excepcións inclúen a Red Kola da A.G. Barr plc, Harboe Original Taste Cola e Cricket Cola, esta última feita de noz de cola e té verde.

Propiedades[editar | editar a fonte]

As sementes teñen acción estimulante, regularizadora da circulación. Actúan como un tónico revigorizante, excitante do sistema nervioso e muscular. É tamén antidiarreica e usada nos casos de anemia, convalecencia de doenzas graves, problemas estomacais e certas xaquecas, e sobre todo nas perturbacións funcionais do corazón. As sementes conteñen teobromina e cafeína, e úsanse coma sucedáneo do cacao e do café.

O extracto prodúcese principalmente a partir de dúas especies, Cola nitida (Vent.) Schott et Endl. ou Cola acuminata (Beauv.) Schott et Endl., principalmente a partir das súas sementes. Delas extráese quer cafeínaquer teobromina. Os estudos suxesirenue as propiedades do extracto ten efectos semellantes, en termos de dose, ao da cafeína.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

A noz de cola medra espontaneamente na África Occidental e Central en climas quentes e húmidos. Xa dende a antigüidade empregouse mastigada coma estimulante. Levábase ao sur de África a través do comercio transahariano con camelos. O uso das súas améndoas espallouse na rexión norte da América Latina por medio dos escravos negros que mascaban colas para soportar traballos penosos. Despois foi levada a outros países con finalidades agroindustriais.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome vulgar do froito en galego, no Portal das Palabras da RAG https://portaldaspalabras.gal/dicionario/procura/cola
  2. Burdock, George A.; Carabin, Ioana G.; Crincoli, Christine M. (August 2009). "Food and Chemical Toxicology". Safety assessment of kola nut extract as a food ingredient (Elsevier) 47 (8): 1725–1732. doi:10.1016/j.fct.2009.04.019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]