Noumea
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Noumea (en francés Nouméa) é a principal cidade e capital administrativa do territorio de ultramar francés de Nova Caledonia.
[editar] Localización e características
A cidade está situada nunha península da parte suroccidental da illa de Nova Caledonia. Tamén é a maior cidade francófona de Oceanía. A poboación ronda os 91.386 habitantes que tornan uns 146.000 contando todo o contorno urbano. A cidade caracterízase pola súa multietnicidade, podendo encontrar diversas etnias: a metade dos habitantes é de orixe caldoque, pero tamén conta cunha forte proporción de orixe kanak, asiáticos e polinesios.
[editar] Cidades irmandadas
- Niza,
Francia, desde1985 - Gold Coast, Queensland,
Australia, desde 1992 - Taupo,
desde 1995