Nou Sardenya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°24′42″N 2°09′41″L / 41.4118, 2.1615

Nou Sardenya
Estadio coa rúa Sardenya ao fondo
Datos
LocalizaciónCamèlies, 42, 08024;
Barcelona, Cataluña
España
Construción
Inauguración1 de decembro de 1940 (Sardenya)
4 de maio de 1995 (Nou Sardenya)
Estadio
SuperficieCéspede natural
Dimensións100 x 63
Capacidade7.000
PropietarioConcello de Barcelona
LocalíaCE Europa
Eventos
  • Final da Copa Cataluña feminina 2006
  • Final da Copa Cataluña feminina 2007

O Camp Municipal de Futbol Nou Sardenya é un estadio de fútbol situado na cidade de Barcelona, no distrito de Gràcia. Foi construído en 1940 e reconstruído na súa totalidade en 1995. É de propiedade municipal e é a sede habitual do Club Esportiu Europa.

O campo ten unhas dimensións de 100 x 63 metros e é de céspede artificial profesional, homologado pola FIFA. Ten capacidade para 7.000 espectadores, cunha tribuna cuberta para 1.000 persoas.

Recibe o seu nome por estar situado na rúa Sardenya, esquina Camèlies.

Historia[editar | editar a fonte]

Tras a Guerra civil española o CE Europa perdeu o seu terreo de xogo, por entón situado entre as rúas Providència e Sardenya, ao ser utilizado como despezamento. O novo estadio foi construído á beira, entre as rúas Sardenya, Camèlies e Secretari Coloma, unha zona practicamente deshabitada por entón. O Estadio da rúa Sardenya inaugurouse o 1 de decembro de 1940.

Apenas tres anos despois, o recinto sufriu a súa primeira transformación importante coa construción dunha tribuna cuberta con capacidade para 1.000 espectadores, sufragada en gran medida co traspaso de Antoni Ramallets ao FC Barcelona. Precisamente os azulgrana foron os invitados ao partido de inauguración tras as obras, disputado o 26 de xaneiro de 1944.

O 14 de agosto de 1960, coincidindo coa Festa Maior de Gràcia, inaugurouse o novo campo de céspede cun partido ante o FC Barcelona. Ao longo dos anos 1960 o estadio experimentou outras melloras, como a ampliación das bancadas ou a instalación da iluminación artificial, en 1963.

Con todo, o crecemento urbanístico ao redor do estadio, e en especial a construción do cinto de rolda, obrigou a derrubar parte das instalacións: bancadas, vestiarios e ata as oficinas do club.

A principios dos anos 1990 o consistorio barcelonés impulsou unha remodelación total do recinto. O antigo estadio foi derrubado e levantouse a actual construción. Xunto coa mellora e modernización das instalacións (sala de prensa, marcador electrónico, céspede artificial etc.) as obras incluíron a construción dun aparcadoiro subterráneo e un polideportivo anexo na rúa Sardenya.

As obras duraron tres anos, durante os cales o club viuse obrigado a peregrinar por distintos estadios da cidade. Co nome de Nou Sardenya, o estadio foi inaugurado o 4 de maio de 1995, cunha festa e un encontro de veteranos. O 15 de agosto dese ano, coincidindo coa Festa Maior de Gràcia, o Europa xogou o seu primeiro partido no novo recinto, ante a UE Lleida, que se impuxo por 0 a 1.

A tempada 2008/09, o CE Europa chegou a un acordo para compartir o terreo de xogo coa Unió Esportiva Poble Sec, equipo do barrio do Poble-sec que se atopaba sen campo propio.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ceeuropa.cat (30 de xullo de 2008). "O Poble Sec xogará este ano de local no Nou Sardenya". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 23 de setembro de 2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Vergés, Ramon (1994). Sardenya, 50 anys d'europeisme (1940-1990). Ed. Club Esportiu Europa

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]