Nottingham Forest F.C.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Nottingham Forest Football Club")
Nottingham Forest
Nome Nottingham Forest Football Club
Alcume(s) Forest, The Reds, The Tricky Trees
Fundación 1865
Estadio City Ground,
Nottingham, Inglaterra
Inauguración 1898
Capacidade 30.576
Presidente Flag of Kuwait.svg Fawaz Al-Hasawi
Adestrador Escocia Stuart Pearce
Liga The Championship
2013–14 11º
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra

O Nottingham Forest Football Club é un club de fútbol inglés da cidade de Nottingham, en East Midlands. Foi fundado en 1865 e compite na Football League Championship.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi un dos membros fundadores da Football Alliance en 1889 e o seu primeiro gran éxito conseguiuno en 1898 ao gañar a FA Cup. Pasou gran parte do século XX na Second Division e o seu segundo gran trofeo veu en 1959 cando gañou unha nova FA Cup. O seu período de maior éxito veu da man de Brian Clough, que chegou ao club en 1975. Baixo a súa dirección o Nottingham Forest ascendeu á First Division, foi campión de Inglaterra, gañou dúas Copas de Europa consecutivas e catro League Cups. Participaron en 1992 na primeira tempada da Premier League e desde entón sufriu unha serie de descensos, chegando a caer en 2005 á League One. Tras tres tempadas no terceiro nivel do fútbol inglés conseguiu o ascenso ao Championship, onde milita na actualidade.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Torneos internacionais[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]