Noso Pai
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Noso Pai (tamén coñecido pola súa forma latina Pater Noster) é a máis coñecida oración do cristianismo. Segundo o Novo Testamento déullela Xesús aos apóstolos despois que estes lle pediran que lles aprendera a orar.
A oración atópase no Evanxeo de Mateo (6:9-13), onde aparece como parte do Sermón da Montaña. Unha oración semellante aparece no Evanxeo de Lucas 11:2-4.
Aínda que a oración orixinal era en arameo, o texto máis antigo que se conserva está en grego. No cristianismo occidental rezouse en latín durante moitos séculos.
[editar] Versión da Igrexa Católica
- Noso Pai que estás no ceo:
- santificado sexa o teu nome,
- veña a nós o teu reino
- e fágase a túa vontade
- aquí na terra coma no ceo.
- O noso pan de cada día dánolo hoxe;
- e perdóanos as nosas ofensas
- como tamén perdoamos nós a quen nos ten ofendido;
- e non nos deixes caer na tentación,
- mais líbranos do mal.
- Amén.