Normativa oficial do galego - Grupos consonánticos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Normativa oficial do galego
Índice
  1. O alfabeto
  2. A acentuación
  3. O guión
  4. Uso das maiúsculas
  5. A diérese
  6. O apóstrofo
  7. Os signos de interrogación e de admiración
  8. Grupos consonánticos
  9. Sufixos e terminacións
  10. Outras particularidades
  11. Formación do plural
  12. Formación do feminino
  13. Comparativos e superlativos
  14. O artigo
  15. Pronomes
  16. Numerais
  17. Verbo
  18. Adverbios e locucións adverbiais
  19. Preposicións e locucións prepositivas
  20. Conxuncións e locucións conxuntivas

8. Grupos consonánticos

As palabras patrimoniais establecen cal é a estrutura silábica normal do noso idioma. Pero os préstamos e mais as palabras cultas con frecuencia teñen unha estrutura silábica diferente, e de aí que presenten problemas de adaptación. Debe terse en conta, contodo, que hai préstamos sen apenas acomodación e con pronuncias particulares, mesmo de grafías existentes con outro valor en galego: allegro, hippy.

No tocante ás agrupacións de consoantes, a adaptación gráfica dos cultismos e dos préstamos faise de acordo cos criterios xerais seguintes:

a) Mantense a grafía -cc- nos cultismos cando corresponde á pronuncia [ks], coma en acceso, acción, micción etc.

b) Mantéñense os grupos formados por dúas consoantes que pertencen a sílabas distintas, isto é, que forman grupo heterosilábico, sempre que non se trate dunha consoante dobre: obxecto, apto, administrar, atmosfera, máximo, magma, nafta, himno; acusativo (<ACCUSATIVUM), cominar (< COMMINARE), gama ‘serie’, ‘abano’ (< gamma), casete (<cassette). Deste comportamento exceptúanse algunhas palabras de circulación restrinxida ou aínda non plenamente adaptadas, coma súmmum, gamma ‘letra grega’, enneasílabo, kappa, razzia, pizza, así coma os derivados formados por un prefixo rematado en -n e unha base produtiva iniciada por n-: circunnavegar; connatural, connotar; ennobrecer; innato, innecesario,innegable, innervar, innobre, innomeable, innovar, innumerable.Téñase en conta que existen formas populares como connosco,ennegrecer, ennobelar, ademais das secuencias verbo + pronome persoal átono do tipo chámannos, víronnos, collerannos, sempre coa pronuncia [nn].

c) Tamén se manteñen en xeral os grupos de dúas consoantes explosivas: ctenóforos,gnomo, mnemotécnico, pneuma, psicópata, pterodáctilo, atlas, ínclito, perplexo etc.

d) En posición implosiva normalmente non se admiten grupos de dúas consoantes, salvo cando a segunda é s: obsceno, adscribir, externo [ks], construír, circunstancia, perspectiva, bíceps, relax. Nos demais casos normalmente pérdese a segunda consoante do grupo: ártico (lat. ARCTICUM), punción (lat. PUNCTIONE), tintura (lat. TINCTURA).

Con todo, algúns préstamos estranxeiros manteñen excepcionalmente as dúas consoantes en final de sílaba, polo menos graficamente: zinc, hínterland, round, lord, golf, windsurf,búmerang, cámping, iceberg, kirsch, sketch, folk, sprint, test. Da mesma maneira,escríbense con consoante dobre final palabras como full, jazz.

Grupos bl, cl, fl, gl, pl, tl[editar | editar a fonte]

Estes grupos mantéñense inalterados nos cultismos e nos préstamos recentes: ablativo, ablegado, ablución, aclarar, atlántico, atlas, atleta, blasfemar, blindar, bloque, bloquear, bloqueo, clamar, clan, claridade, clarificar, clarín, clarividente, claro, clase, clasificar, cláusula, clemencia, clero, clima, cloro, club, exemplo, explicar, flamante, flan, flexión, flor, fluxo, glaciar, gladiador, glándula, glicerina, globo, gloria, glosa, incluír, influír, oblación, oblata, oblicuo, oblongo, obliterar, placa, plano, planta, plasma, plástico, plátano, platino, plaxio, plenario, pluma, plumaxe, plural, problema, proclamar, proclítico, publicar, público, reflexión, subliminar, sublingual, subliñar, templo, troglodita.

Para a partición de palabras a fin de liña, téñase en conta que nalgún dos exemplos citados bl é heterosilábico (ablegado, obliterar, subliminar, sublingual, subliñar).

As palabras latinas semicultas e algúns préstamos antigos doutros idiomas mudaron o l en r: aprazar, branco,brancura, brando, brasón, compracer, cravar, cravo, cravuñar, cumprir, dobrar, emprazar,empregar, escravo, fraco, fraqueza, frauta, frecha, fretar, frota, frouxo,igrexa, nobre, obrigar, pracer, praga, praia, prata, prato, praza, prazo,preamar, pregar, preito etc.

Grupos bc, bd, bm, bn, bs, bt, bv e bx[editar | editar a fonte]

Mantéñense sempre sen alteración: abdicación, abdicar,abdome, abdominal, abnegación, abnegar, absentismo, ábsida, absolutismo, absoluto, absolver, absorber, absorción, absorto,absurdo, abxurar, insubmisión, obcecar, obnubilar, obsequiar, obsequio,observar, obsesión, obsoleto, obter, obturar, obtuso, obviar, obvio,obxección, obxectividade, obxectivo, obxecto, subcomisión, subconsciente, subdirector, súbdito, submersión, subministrar, subsección, subsidio, subsistir, subsumir, subtítulo, subxectivo, subxugar. Sutil e a súa familia léxica (sutileza, sutilidade, sutilmente, sutilizar) perderon o b desde as orixes do idioma.

Grupo bs + consoante[editar | editar a fonte]

Aínda que existe a tendencia popular a eliminar a primeira consoantenas palabras con moito uso (suscrición, sustantivo, sustituto,etc.), na escrita débese manter a solución culta con conservación do grupo: abstemio, abstención, absterse, absterxente, abstinencia,abstracción, abstracto, abstraer, obsceno, obstáculo, obstinado,obstruír, subscrición, subscrito, subscritor, substancia, substancial, substantivación, substantivar, substantivo, substitución, substituír, substituto,substrato. Deben evitarse as formas *substraer,*substracción, *substraendo, tomadas do castelán.

Grupos -ct- e -cc-[editar | editar a fonte]

Os grupos ct e cc mantéñense nos vocábulos cultos cando os preceden as vogais a, e, o: abstracción, abstracto, abxección, abxecto, acción, accionar, acta, activo, acto, actor, actual, actualidade, actuar, adxectivo, afección, afectar, afectivo, afecto, arquitecto, arquitectura, artefacto, aspecto, atracción, autóctono, cacto, calefacción, calefactor, carácter, caracterizar, circunspección, circunspecto, coacción,cocción, colección, colecta, colectivo, compacto, confección, contacto, contracción, conxectura, conxecturar, corrección, corrector, defectivo, desinfección, desinfectar, detección, detectar, detractor, dialecto, didáctico, dilección, dilecto, dirección, directo, director, distracción, ecléctico, eclecticismo, elección, electricidade, electricista, equinoccial, equinoccio, estupefacción, estupefacto, exacción, exactitude, exacto, extracción, extracto, facción, fracción, impacto, imperfección, incorrección, incorrecto, indirecto, infección, infectar, insecticida, insecto, inspección, inspector, insurrección, insurrecto, intacto, intelecto, intersección, inxección, inxectar, lactante, lácteo, lección, lectivo, lector, lectura, manufactura, néctar, noctámbulo, nocturno, obxección, obxectivo, obxecto, occidente, octaedro, octosílabo, olfactivo, olfacto, pacto, perfección, perfecto, perspectiva, práctica, practicar, predilecto, prospecto, protección, protector, proxectar, proxecto, proxector, putrefacción, putrefacto, reacción, reactivo, recto, rectitude, redacción, redactor, reflector, refracción, respectar, respecto, resurrección, retrospección, satisfacción, sección, sector, selección, selectivo, sintáctico, táctica, táctil, tacto,tracción, tractor, traxecto, traxectoria, tumefacto, vector.

Perderon o c as palabras catarata, contratación, contratar, contrato, tratado, tratamento, tratar, trato.

Suprímese a primeira consoante nos dous grupos cando os preceden as vogais i e u: abdución, abdutor, adución, adutor, aflición, aflito, condución, conduta, conduto, condutor, conflito, constrición, constritivo, construción, construtivo, construtor, contradición, contrición, dedución, dedutivo, delito, destrución, destrutor, dicionario, distrito, ditado, ditadura, ditame, ditar, estrito, estrutura, flutuación, flutuar, frutífero, frutificar, frutuoso, indución, indutor, introdutor, introdutorio, lutuoso, obstrución, obstrucionismo, obstrucionista, obstrutivo, produción, produtivo, produto, produtor, reconstrución, redución, reduto, redutor, reprodución, reprodutor, restrición, restritivo, tradutor, vítima, Vítor, vitoria, vitorioso, xurisdición.

Porén, esta primeira consoante mantense nalgunhas palabras pertencentes a linguaxes especializadas, de escasa presenza na fala ou para evitar homonimias. Son voces como adicción, adicto, amicto, anfictión, anfictionia, apodíctico, convicción, convicto, deíctico, dicterio, dúctil, ductilidade, ducto, evicción, ficción, ficticio, flictena, fricción, friccionar, ictericia, ictérico, ictiografía, ictioloxía, ictiomancia (e outras formas con ictio-), indicción, invicto, lictor, micción, nictalope, nictalopía, pictografía, pictórico (e outras formas con picto-), ricto, succión, succionar, veredicto, vindicta.

Perderon sistematicamente o c as palabras que tiñan en latín cons. + ct, como acupuntura, adxunción, adxunto, antártico, Antártida, Ártico, coartada, coartar, conxunción, conxuntivo, conxunto, conxuntura, defunto, distinto, esfínter, extinto, función, funcionar, instinto,punción, xuntura etc. A mesma redución afectou tamén a autor e aos seus derivados (autoridade, autorizar etc.).

Con respecto a estes grupos cultos, non se debe esquecer que hai algúns semicultismos con vocalización da consoante implosiva en u ou en i, todos eles con documentación antiga: doutor, doutoramento, doutrina; reitor, reitorado, reitoral, reitoría; seita (pero sectario, sectarismo); suxeitar e suxeito. Ás veces, ao lado destas formas existe a culta correspondente, cun significado menos restrinxido, como ocorre, por ex., en pauto / pacto.

Grupo -cn-[editar | editar a fonte]

Consérvase en todos os casos: acne, arácnido, cnidarios, cnitosporídeos, pícnico, picnómetro, picnose, pirotécnico, politécnico, radiotécnico, técnica, tecnicismo, tecnocracia, tecnoloxía, zootécnico.

Grupo -cd-[editar | editar a fonte]

Mantense o grupo en todos os casos: anécdota, anecdotario, anecdótico, sinécdoque.

Grupo [ks] (grafía -x-)[editar | editar a fonte]

Mantense sempre na grafía como x: aproximar, asfixia, axila, axilar, axioma, bórax, convexo, elixir, exacto, exame, exceder, excelente, exceso, exclamar, exilio, eximir, éxodo, exótico, explosión, extra, galaxia, hexágono, laxo, léxico, maxilar, nexo, reflexionar, sexo, sexto, sílex, sintaxe, téxtil, texto, tórax, tóxico.

Con todo, algunhas voces moi populares, documentadas xa deste modo en textos medievais, así como os seus derivados deben escríbirse con s: escava, escavar, escavación, escavadora; estender (pero extensión, extensivo, extenso, extensor); estrañar,estrañamento, estraño, estrañeza; estranxeiro, estranxeiría, estranxeirismo; estremar "derregar", estrema, estremo "linde" (pero extremar, extremidade, extremismo, extremo, extremoso).

Un caso especial dáse cando na mesma palabra, non composta, aparece dúas veces x en posición intervocálica, a primeira vez co valor de [ks] e a segunda co de [ʃ]. Nestas palabras pódese optar por substituír o primeiro x por s (esaxeración, esaxerar, esaxero, esexese, esexético, esixencia, esixente, esixir etc.) ou ben por manter inalterado o grupo etimolóxico (exaxeración, exaxerar, exaxero, exexese, exexético, exixencia, exixente, exixir etc). Esta posibilidade de elección non afecta aos prefixos do tipo ex- seguidos de consoante nin ás palabras compostas, en que só cabe manter o grupo: expunxir, lexicoloxía, toxicoloxía etc.

Grupos -gm-, gn- e -gn-[editar | editar a fonte]

Mantéñense sempre nos cultismos: agnosticismo, agnóstico, apotegma, benignidade, benigno, bregma, cognitivo, cognoscitivo, consignación, consignar, consignatario, designar, diafragma, diagnosticar, diagnóstico, dignar, dignidade, digno, dogma, dogmático, dogmatismo, estigma, expugnar, flegmón, fragmento, gnómico, gnomo, gnomoloxía, gnomólogo, gnose, gnoseoloxía, gnosticismo, gnóstico, ígneo, ignominia, ignorante, ignorar, ignoto, impregnar, impugnar, incógnito, indignar, indigno, insignificante, lignito, magnesio, magnífico, magnolia, persignar, pigmentar, pigmento, pigmeo, pragmática, prognose, prognóstico, pugna, repugnante, repugnar, resignar,segmento, sigma, significado, significar, signo.

Por seren semicultismos presentan só -n- asinar, ensinanza, ensinar, ensino, sinalar, sinatura, sino ‘campá’ e outras palabras da mesma familia léxica.

Grupos mn-, -mn- e-nm-[editar | editar a fonte]

Mantéñense as dúas consoantes nos cultismos: alumnado, alumno, amnesia, amnistía, anamnese, autumnal, calumnia, columna, columnata, damnificar, himno, indemne, indemnizar, inmaculado, inmanencia, inmanente, inmaterial, inmaturo, inmediato, inmemorial, inmensidade, inmenso, inmensurable, inmerecido, inmersión, inmerso, inmigración, inmigrante, inmigrar, inminente, inmiscirse, inmóbil, inmobilizar, inmoderado, inmodestia, inmodificable, inmolar, inmoral, inmorredoiro, inmortal, inmune, mnemónica, mnemónico, mnemonizar, mnemotécnica, ómnibus, omnímodo, omnipotente, omnipresente, omnívoro, solemne, solemnidade, ximnasio, ximnasta, ximnástico, ximnocarpo, ximnospermas.

Grupos -mm- e-nn-[editar | editar a fonte]

O grupo -MM- simplificouse historicamente en -m-: coma, comendatario, cominación, cominar, cominatorio, comisario, gama, xema,xemación, xemíparo etc.

Con todo, o nome da letra grega gamma debe escribirse con -mm-, por ser unha voz fixada na terminoloxía internacional da física e da astronomía. O grupo latino -NN- simplificouse en -n- nas voces patrimoniais do galego (lat. CANNAM > cana).

Tamén se adaptaron ao galego con -n- as palabras cultas quetiñan -NN- etimolóxico: bienio, trienio, cuadrienio, quinquenio, sexenio, decenio, milenio, aniversario, conectar, conexión etc.

Con todo, convén escribir con -nn- algunhas palabrascultas de circulación moi restrinxida: connubio, enneágono, perenne etc.

Un tratamento á parte merecen as palabras derivadas mediante unprefixo rematado en -n, que se une a unha base que comeza taménpor n-. Neste caso, cando existe no galego a palabra base,consérvase o grupo -nn-: circunnavegar (circun + navegar), connatural (con + natural), innobre (in + nobre) etc. O mesmo sucede cando, aínda non estando viva a forma primitiva, esta sexa transparente por existiren outras palabras da mesma familia ou ben por haber derivados con outros prefixos sobre a mesma base: innovar (non existe *novar, pero si novo, e ademais hai outros derivados como anovar, renovar etc.).

Cando non é transparente a base sobre a que se formou o derivado, prodúcese a simplificación en -n-: inocuo, inocencia.

Grupo -ns- anteconsonántico[editar | editar a fonte]

Nas palabras cultas mantense sen reducir: circunscrición, circunspección, circunspecto, circunstancia, circunstancial, consciente,conspicuo, conspiración, conspirador, conspirar, constancia, constante, constar, constelación, consternar, constipado, constitución, constituír, construción, construír, construtor, inconsciente, inspección, inspector, inspiración, inspirar, instalación, instalar, instancia, instante, instar, instaurar, institución, instituír, instituto, instrución, instruír, instrumento, instrutor.

O prefixo trans- mantén o grupo ns cando a base é un cultismo: transbordar, transcendental, transcendente, transcender, transcribir, transcrición, transferencia, transferir, transformación, transformar, translación, transmisor, transmitir, transpirar, transporte, transvasar, transvasamento. Cando se une trans- a unha palabra que empeza por s hai simplificación das dúas consoantes: transecular, transiberiano, transubstanciación.

Este sufixo reduciuse a tras- en palabras populares como: trasfegar, trasladar, trasler, trasnoitar, traspasar, traspoñer, trastornar.

Grupos -pc-, -pn-, -ps- e -pt-[editar | editar a fonte]

Como norma xeral mantéñense estes grupos nos cultismos: abrupto, acepción, aceptar, adaptar, adepto, adopción, adoptar, adoptivo, anticonceptivo, aptitude, apto, baptista, cápsula, captar, captura, catalepsia, cataléptico, coleóptero, concepción, concepto, conceptual, copto, corrupción, corruptivo, corrupto, corruptor, cripta, críptico, decepción, eclipse, elipse, epiléptico, erupción, eruptivo, escepticismo, estreptomicina, eucalipto, excepción, excepto, exceptuar,exipcíaco, exipcio, Exipto, exiptoloxía, hemoptise, hepta-, hipnose, hipnoterapia, hipnotismo, hipnotizar, imperceptible, inepcia, inepto, interceptar, interrupción, interruptor, irrupción, Neptuno, nupcial, nupcias, opción, optar, optativo, óptica, optimismo, optimista, óptimo, percepción, precepto, preceptor, rapsodia, rapto, raptor, recepción, receptor, réptil, ruptura, sinopse, susceptible, tríptico, voluptuosidade, voluptuoso.

Hai unha serie de palabras que perden o primeiro elemento do grupo -pc- ou -pt-, algunhas por seren xa antigas no idioma, outras por teren hoxe un uso frecuente; e o mesmo ocorre cos derivados cultos da familia do latín SCRIPTUS. Así: adscrición, adscrito, cativar, catividade, cativo, cetro, circunscrición circunscrito, descrición, descritivo, descrito, descritor, ditongar, ditongo, escrito, escritor, escritorio, escritura, indescritible, inscrición, inscrito, manuscrito, prescrición, prescrito, proscrición, proscrito, setembro, setentrión, setentrional, subscrición,subscrito, subscritor, transcrición, transcrito, tritongo.

Amais disto, temos no galego varios casos de vocalización daconsoante implosiva: receita e receitar; adoitar (‘acostumar’, diferente do cultismo adoptar); bautismo e bautizar.

Consoante + pc, consoante + pt[editar | editar a fonte]

Cando se trata dos grupos latinos cons. + pc ou cons. + pt pérdese sempre a consoante intermedia -p- en galego: absorción, aprontar, asunción, asunto, escultor, escultura, exento, inscultura, irredento, perención, perentoriamente, perentorio, presunción, prontuario, redención, redentor, redentorista, suntuosidade, suntuoso.

Grupos pn-, ps- e pt-[editar | editar a fonte]

Aparecen en posición inicial en palabras cultas e, segundo a regra xeral, consérvanse na lingua escrita, a pesar de que na fala existe a tendencia a eliminar a primeira consoante: pneuma, pneumático, pneumonía, pneumopatía, pneumoscopio, pneumoterapia, pneumotórax etc.; pseudo-, pseudociencia, pseudónimo, etc.; psicanálise, psicanalista, psicodiagnóstico, psicofísica, psicoloxía, psicolóxico, psicometría,psicopatoloxía, psique, psiquiatra, psiquiatría, psíquico etc.; pterobranquiado, pterodáctilo, pterópodo etc.

Xa non se escriben con p-: salterio, salmista, salmo e salmodiar.

Grupo -sc- medial[editar | editar a fonte]

Nas palabras cultas consérvase o grupo: adolescencia, adolescente,ascender, ascensor, condescendencia, condescender, consciencia (ao lado de conciencia), delicuescencia, delicuescente, descendencia, descender, discente, discernir, disciplina, discípulo, escindir, fluorescente, imprescindible, incandescente, inflorescencia, piscina, plebiscito, prescindir, proscenio, rescindir, rescisión, suscitar etc.

Grupo sc- inicial[editar | editar a fonte]

O grupo latino sc + e, i simplificouse en c- en palabras de entrada antiga: ciencia (e familia léxica), cetro, ciática, cirro, cirrose, cisma (e cismar, cismático etc.). Nas de entrada máis recente o grupo mantense apoiado nun e protético: escena, escenario, escenografía, escepticismo, escéptico, escindir, escintilar, escisión, esciúrido etc. O mesmo ocorre sempre que ao grupo sigan a, o, u ou consoante: escándalo, escola, escorpión, escribir, escrúpulo, escultura etc.

Grupo -st-[editar | editar a fonte]

Este grupo consonántico é frecuente nas palabras patrimoniais, e non adoita presentar problemas na escrita do galego. Un caso especial é a alternancia de formas do prefixo post-/pos-: escríbese post- cando vai seguido dunha base que comeza por vogal (postelectoral, postoperatorio); úsase pos- cando vai seguido dunha base que comeza por consoante (posclásico, posguerra, pospoñer).