Norman Mailer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Norman Mailer

Norman Kingsley Mailer, coñecido como Norman Mailer, nado en Long Branch, Nova Jersey, o 31 de xaneiro de 1923 e finado en Nova York o 10 de novembro de 2007, foi un periodista e escritor estadounidense. Está considerado xunto con Truman Capote o gran innovador do xornalismo literario.

Índice

[editar] Traxectoria

Naceu nunha familia xudía en Long Branch, criándose en Brooklyn. En 1939 comezou os estudios de enxeñaría aeronáutica na Universidade Harvard. Alí empezou a interesarse pola escritura e publicou o seu primeiro relato ós 18 anos.

Mailer foi reclutado para o exército do seu país durante a Segunda Guerra Mundial, servindo no sur do océano Pacífico. En 1948, xusto antes de entrar na Sorbona en París, escribiu a obra que o fixo internacionalmente famoso: The Naked and the Dead (Os espidos e os mortos) baseada nas súas experiencias persoais durante a guerra. Foi aclamada por moitos como unha das mellores novelas americanas trala guerra e a Modern Library (sección da editorial Random House) calificouna como unha das 100 mellores novelas.

[editar] Hollywood e xornalismo político

Durante os anos seguintes, Mailer traballou como guionista en Hollywood. A maior parte dos seus escritos foron refusados por moitas editoriais. Pero a mediados dos cincuenta, fíxose famoso como ensaísta anti-sistema, sendo un dos fundadores de The Village Voice (semanario de Nova York) en 1955. En artigos-reportaxe como "The White Negro: Superficial Reflections on the Hipster" (1956) ou "Advertisements for Myself" (1959), Mailer examinou a violencia, a histeria, o delito e a confusión na sociedade estadounidense.

Boa parte das obras de Mailer, como Armies of the Night, son de natureza política e foron consumidas avidamente por Jim Morrison, servindo de forte inspiración para a súa poesía e para as letras de The Doors.

Froito destes intereses foi a súa consolidación como periodista político coa súa cobertura das Convencións Nacionais de Republicanos e Demócratas nos anos 1960, 1964, 1968, 1972, 1992 e 1996. En 1967 foi arrestado, por pouco tempo, pola súa participación en manifestacións contra a guerra de Vietnam. Dous anos máis tarde, aspirou, sen conseguilo finalmente, á alcadía de Nova York coaligado co columnista Jimmy Breslin (que aspiraba á presidencia do City Council), tendo na súa axenda a secesión da cidade de Nova York co fin de chegar a ser o estado número 51.

En 1980 Mailer apoiou ó asasino condenado Jack Abbott na súa petición da liberdade condicional, que finalmente lle foi concedida. Axudouno ademais a publicar o libro In the Belly of the Beast, unha colección das súas cartas a Mailer nas que trataba das súas experiencias no cárcere. Non obstante, Abbott cometeu un asasinato non moito despois de ser posto en liberdade e foi novamente encarcerado. Mailer foi obxecto de algunhas críticas polo seu papel na liberación de Abbott, e nunha entrevista de 1992 para o Buffalo News afirmou que a súa implicación con Abbott fora "outro episodio na miña vida no que non podo encontrar nada agradable nin nada do que sentirme orgulloso".

Mailer é tamén un reputado biógrafo. Escribiu biografías de Marilyn Monroe, Pablo Picasso e Lee Harvey Oswald.

Norman Mailer casou seis veces; desde 1980 está casado con Norris Church, e ten nove fillos. En 1960, Mailer apuñalou, de forma menos grave, á súa segunda muller, Adele Morales, cun cortaplumas durante unha festa.

Mailer apareceu en varios documentais, como When We Were Kings sobre o 'combate na xungla' que enfrontou ós boxeadores Muhammad Ali e George Foreman, e Hijacking Catastrophe, sobre os atentados do 11 de setembro e a guerra de Iraq. É mencionado en varias cancións ("Give Peace a Chance" de John Lennon, "A Simple Desultory Philippic (Or How I Was Robert McNamara'd Into Submission)" de Simon & Garfunkel, "Are You Ready To Be Heartbroken" de Lloyd Cole, "Santa Monica" de Savage Garden ou "Get By" de Talib Kweli. O grupo de rock galés Manic Street Preachers menciónao xunto a Sylvia Plath, Henry Miller e Harold Pinter na súa canción "Faster", e a banda de art-pop australiana TISM menciónao xunto a Dylan Thomas e Jackson Pollock na canción "Genius is different". É tamén mencionado na película futurista e satírica de Woody Allen O durmiñón (1973), na que Allen di a un científico que "Este é un retrato de Norman Mailer. Legou o seu ego á Facultade de Medicina de Harvard".

[editar] Últimos anos

En 2005 Mailer fixo unha actuación especial no programa da WB Gilmore Girls. O episodio, titulado "Norman Mailer, I'm Pregnant", presentou ó autor nunha entrevista no Dragonfly Inn, un lugar propiedade do principal protagonista, Lorelai Gilmore. O entrevistador foi o seu fillo, o actor Stephen Mailer. Desde maio dese ano, contribuía cun blog no The Huffington Post. Falaba do seu comunismo e de que en Estados Unidos o fascismo xamais usaría ese nome, pero que non estaba moi lonxe de instaurarse a tódolos efectos.

Escribiu o seu último libro, The Big Empty, en colaboración co seu fillo John Buffalo Mailer.

Viviu os seus últimos anos en Provincetown, Massachusetts. Morreu en Nova York o 10 de novembro de 2007 a consecuencia dunha insuficiencia renal, con 84 anos.

Autor de 39 libros, entre eles 11 novelas, foi galardoado co Premio Nacional do Libro e dúas veces co Premio Pulitzer.

[editar] Obras

[editar] Novelas

[editar] Ensaios

  • O negro branco (1958)
  • Miami e o sitio de Chicago (1968)
  • The armies of the night, (1967) (Os exércitos da noite) (Premio Pulitzer en 1968)
  • Un lume na lua (1971)
  • O prisioneiro do sexo (1971)
  • Noites da antigüidade (1983)

[editar] Guións

  • Beyond the Law (Máis alá da lei)
  • Wild 90 (Salvaxe 90)

[editar] Biografías

  • Marilyn

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas