As vítimas, os nomes, as voces e os lugares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Nomes e voces»)

As vítimas, os nomes, as voces e os lugares é un estudo que pretende recoller o número total de mortos e procesados en Galicia como consecuencia do Golpe de Estado do 1936, así coma as circunstancias que rodearon a súa morte ou axuizamento.

Da elaboración do informe encargouse unha comisión formada por membros das tres universidades galegas[1], coordinados polo historiador Lourenzo Fernández Prieto, a instancia da Consellería de Cultura.

Cifras[editar | editar a fonte]

Segundo os datos do informe[2], como consecuencia do levantamento golpista morreron en Galicia 4.699 persoas, das cales 4619 foron homes e 80 mulleres. Outras 7.403[Cómpre referencia] (7.124 homes e 274 mulleres) foron procesadas.

Fontes[editar | editar a fonte]

O equipo empregou coma fontes para a súa investigación as causas militares datadas entre os anos 1936 e 1939 das xurisdicións de Terra e da Armada da IV Rexión Militar (Ferrol), os rexistros civís de toda Galicia, xunto co de Zamora e Pasaia (Guipúscoa), así coma a bibliografía sobre a época. A maiores, realizaron 349 entrevistas en Galicia, Asturias, Barcelona, a Arxentina, Cuba e o Uruguai.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. As vítimas, os nomes, as voces e os lugares, Vieiros, 11/4/2006.
  2. Informe Arquivado 18 de abril de 2018 en Wayback Machine. en xaneiro de 2012 de Nomes e voces 17/4/18

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]