No Wave Cinema

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O No Wave Cinema ou New Cinema foi unha eclosión de cinema underground producida no barrio neoiorquino de Lower East Side entre os anos 1976 e 1985 e que foi protagonizado polo colectivo Colab (Collaborative Projects). O movemento inspirábase no Punk e na No Wave fixándose sobre todo nas texturas e nos ambientes cinematográficos.

A pesar da súa brevidade, este movemento tivo unha significante influencia nos filmes underground posteriores, en concreto no Cinema of Transgression (Beth B, Richard Kern, Nick Zedd, Tessa Hughes Freeland entre outros) e na nova xeración de cineastas independentes de Nova York (Jim Jarmusch, Tom DiCillo, Steve Buscemi e Vincent Gallo), así como no movemento Remodernist film.

Entre os cineastas que conformaban este grupo destacan: Amos Poe, Eric Mitchell, Beth B e Scott B, Vivienne Dick, John Lurie, Becky Johnston e James Nares.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]