Nitrosomonadales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nitrosomonadales

Spirillum
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Proteobacteria
Clase: Betaproteobacteria
Orde: Nitrosomonadales
Familias e xéneros

Nitrosomonadaceae
   Nitrosomonas
   Nitrosospira
Gallionellaceae
   Gallionella
Spirillaceae
   Spirillum

As Nitrosomonadales son unha pequena orde do filo Proteobacteria.[1] na que se inclúen tres familias. Como todas as proteobacterias, son bacterias gramnegativas. Forman parte das Nitrosomonadales os xéneros Nitrosomonas (que é o xénero tipo), Nitrosospira, Gallionella (unha bacteria do ferro), e Spirillum. Membros do xénero Nitrosomonas teñen a capacidade de oxidar amoníaco a nitrito,[1] proceso chamado nitrificación. Son importantes no ciclo do nitróxeno.

Nalgunhas clasificacións as Gallionellaceae están clasificadas na súa propia orde, Gallionellales,[2] pero na LPSN están dentro de Nitrosomonadales[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Garrity, George M.; Brenner, Don J.; Krieg, Noel R.; Staley, James T. (eds.) (2005). Bergey's Manual of Systematic Bacteriology, Volume Two: The Proteobacteria, Part C: The Alpha-, Beta-, Delta-, and Epsilonproteobacteria. New York, New York: Springer. ISBN 978-0-387-24145-6.
  2. Sayers; et al. "Betaproteobacteria". National Center for Biotechnology Information. Consultado o 29 xuño 2012. 
  3. LPSN Nitrosomonadales Arquivado 31 de marzo de 2013 en Wayback Machine. J.P. Euzéby: List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]