Nihad Đedović

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nihad Đedović
Unicaja Málaga  – No. 14
Información persoal
Nacemento 12 de xaneiro de 1990 (34 anos)
Iugoslavia Višegrad, Iugoslavia
Nacionalidade Bosnia e Hercegovina Bosnia e Hercegovina
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 90 kg (200 lb)
Posición Escolta / Ala
Información da carreira
Carreira dende 2000
Historial de equipos
KK Bosna (2005–2007)
FC Barcelona (2007–2012)
CB Cornellà (2007–2009)
Obradoiro CAB (2009–2010)
Virtus Roma (2010–2012)
Galatasaray (2012)
Alba Berlin (2012–2013)
FC Bayern München (2013–2022)
Unicaja Málaga (2022–presente)

Nihad Đedović, nado en Višegrad o 12 de xaneiro de 1990, é un xogador de baloncesto profesional bosníaco, que xoga actualmente no Unicaja Málaga da Liga ACB. Pode xogar de escolta ou de ala, mide 1,98 metros e pesa 90 quilos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Đedović comezou a súa carreira no KK Bosna bosníaco, pero fichou polo FC Barcelona con tan só 16 anos. Apenas tivo minutos co Barcelona, e pasou case todo o tempo cedido no CB Cornellà, no Obradoiro CAB e no Virtus Roma. Tras deixar o Barcelona, xogou para o Galatasaray e o Alba Berlin.

En xullo de 2013, asinou co FC Bayern München. En xullo de 2014, asinou un novo contrato de dous anos de duración co Bayern München.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2014. Consultado o 11 de xaneiro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]