Nienna
Nienna é un personaxe ficticio do legendarium de J. R. R. Tolkien, que aparece na súa obra O Silmarillion. Nienna é unha dos Valar, os seres anxelicais que custodian e gobernan Arda (o mundo no universo de Tolkien). É irmá de Mandos e máis Irmo, e o seu nome significa Aquela que chora, e en Quenya, Don de Bágoas (nie 'bágoa' + anna 'don, agasallo').
Características [editar]
Vive no estremo oeste de Arda, onde padece polo sufrimento do mundo, e consola os espíritos dos mortos que agardan nas Estancias de Mandos. Eis a descrición que se fai dela n'O Silmarillion[1]:
Nienna é a única das Valar de aparencia feminina (as Valier) que non está casada, ao igual que Ulmo entre os homólogos masculinos.
Nienna chorou na lomba de Ezellohar, onde se erguían as Dúas Árbores, regándoas coas súas bágoas. Após a destrución destas por parte de Melkor, chorou sobre os seus restos, limpando a sucidade de Ungoliant, e nutrindo a froita e a flor que máis adiante se converterían no Sol e a Lúa. Gandalf foi discípulo seu ("O máis sabio entre os Maiar era Olórin [Gandalf]. Tamén el moraba en Lórien, mais o seu camiño a miúdo o levaba á casa de Nienna, e dela aprendeu a piedade e a paciencia."[2]). Nienna encóntrase entre os oito Valar máis poderosos, os Aratar. Aínda que representa a Piedade, a Compaixón e a Curación, os seus poderes semellan incluír o crecemento, xa que tivo un papel principal, xunto a Yavanna, na creación das Dúas Árbores, e na curación do veleno que Ungoliant inoculara na súa lomba. Tamén foi dos poucos Valar que apoiou a liberación de Melkor do seu encadeamento logo da Idade da Paz, compadecéndose do seu sufrimento, sen ser consciente da súa indefectíbel natureza maligna[3].
En The Book of Lost Tales Nienna chamábase Fui ou Qalme-Tari e estaba casada con Vefantur (Mandos), que non era parente seu nese contexto. Non levou a cabo a curación das Dúas Árbores e negoulles a entrada a Turin and Nienori ás súas estancias de Fui (bautizadas no seu honor).
Notas [editar]
- ↑ J.R.R. Tolkien (1977), Christopher Tolkien (ed.) The Silmarillion, Allen & Unwin, Suffolk ISBN 0048231398, "Valaquenta", páx. 31
- ↑ J.R.R. Tolkien (1977), Christopher Tolkien (ed.) The Silmarillion, Allen & Unwin, Suffolk ISBN 0048231398, "Valaquenta", páx. 33
- ↑ J.R.R. Tolkien (1977), Christopher Tolkien (ed.) The Silmarillion, Allen & Unwin, Suffolk ISBN 0048231398, "Quenta Silmarillion", páx. 75
|
|||||||||||||||||