Nidia Arévalo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Nidia Arévalo Gómez»)
Infotaula de personaNidia María Arévalo Gómez
Biografía
Nacemento25 de abril de 1975 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Alcaldesa de Mos
2008 –
← María Jesús Escudero Lago Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Mos Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Nidia María Arévalo Gómez, nada en Vigo o 25 de abril de 1975, é unha política galega do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Químicas, aínda que non acadou a licenciatura.[1] Concelleira en Mos polo PPdeG, foi deputada provincial e presidenta da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller da Deputación de Pontevedra en 2006. Presentouse ás eleccións municipais de 2007 encabezando a candidatura do PPdeG que obtivo 8 concelleiros, fronte a 6 do PSdeG-PSOE e 3 do BNG. Despois dunhas longas e tensas negociacións, cun ano de goberno en minoría do PSdeG, formouse un goberno de coalición co BNG.

Moción de censura[editar | editar a fonte]

Papeleta de Pontevedra para o Senado nas Eleccións xerais de 2023.

O 12 de decembro de 2008 encabezou unha moción de censura contra a alcaldesa María Xesús Escudero Lago (PSdeG-PSOE) co apoio do concelleiro Gerardo Alonso, tránsfuga do PSdeG. Despois dun tenso pleno no que centos de veciños se manifestaron en contra da moción, Nidia Arévalo converteuse en alcaldesa de Mos, declarando que se acababa coa situación de "desgoberno". Tanto ela como os seus compañeiros de partido e Gerardo Alonso tiveron que abandonar o pleno en vehículos da Garda Civil escoltados polos antidisturbios.[2][3][4]

A Comisión de Seguimento do Pacto Antitransfuguismo declarou en setembro de 2009 como "caso claro de tránsfugas" en referencia ao concelleiro que fora elixido na lista do PSdeG, Gerardo Alonso, así como se declara a Nidia Arévalo e aos sete edís do PP en Mos, que pediron a baixa do partido, beneficiarios do caso de transfuguismo.[5]

Nas municipais de 2011 foi elixida alcaldesa de Mos polo PPdeG con maioría absoluta[6] e a mantivo nas eleccións sucesivas en 2015, 2019 e 2023.[7][8]

En xullo de 2023, foi elixida senadora polo PP.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La alcaldesa de Mos (PP) mintió en su currículum: nunca acabó la carrera El Plural, 24/4/2017 (en castelán)
  2. "Aprobada la moción de censura en Mos que coloca como alcaldesa a Nidia Arévalo (PP)". soitu.es (en castelán). 2008-12-12. Consultado o 2024-04-19. 
  3. Suárez, David (15 de decembro de 2008). "Triunfa la moción de censura en Mos tras un pleno plagado de incidentes". lavozdegalicia.es (en castelán). 
  4. Tébar, Roma (10 de febreiro de 2014). "El PP gallego inicia la expulsión de la nueva alcaldesa de Mos". atlantico.net (en castelán). Consultado o 19 de abril de 2024. 
  5. AGN (2009-07-24). "El Pacto Antitranfuguismo declara los casos de Mos y Abegondo". diariodepontevedra.es (en castelán). Consultado o 2022-04-23. 
  6. Mandiá, Diana (24 de maio de 2011). "Imputados y tránsfugas resisten el examen de las elecciones". elpais.com (en castelán). Consultado o 19 de abril de 2024. 
  7. Gago, Xosé; Placer, Laura (18 de xuño de 2023). "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 24 de novembro de 2023. 
  8. Palomares, Paula (17 de xuño de 2023). "Nidia Arévalo, imbatible en Mos (Pontevedra)". elespanol.com (en castelán). Consultado o 19 de abril de 2024. 
  9. "ARÉVALO GÓMEZ, NIDIA MARÍA". senado.es (en castelán). 23 de xullo de 2023. Consultado o 19 de abril de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
María Xesús Escudero Lago
 
Alcaldesa de Mos
 
2008 - actualidade
Sucesor:
no cargo