Nicole Sullivan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nicole Sullivan
NicoleSullivanByEricSchwabel.jpg
Nacemento Nicole Julianne Sullivan
21 de abril de 1970
Manhattan Estados Unidos de América Estados Unidos
Profesión Actriz
Coñecido/a por MADtv e
The King of Queens
Cónxuxe(s) Jason Packham
Fillo(s) Dashel Pierce e Beckett Edward
Ficha na IMDb

Nicole Julianne Sullivan, nada o 21 de abril de 1970 en Manhattan (Nova York), é unha actriz, cómica e dobradora de cine estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada en Manhattan filla dun congresista do Estado de Nova York, Edward C. Sullivan, recibiu clases de danza e interpretación dende moi nova en Broadway.

En 1987 graduouse no ensino secundario en Middleburgh a onde se trasladara a familia uns anos antes. Tras pasar un ano en Londres na British American Drama Academy e formar parte da Greenwich Shakespeare Company entrou na Northwestern University para estudar teatro, ao tempo que traballaba para pagar os estudos.

Tras licenciarse trasladouse a Los Angeles para buscar traballo.

Dende entón sobre todo é coñecida pola súa participación en MADtv realizando curtas caracterizando a moitos famosos coma Hilary Clinton, Britney Spears ou Uma Thurman.

Ademais Nicole ten unha longa traxectoria como dobradora de cine sobre todo de animación, como por exemplo Marlene (The Penguins of Madagascar), Shego (Kim Possible), Joan (Family Guy)

Filmografía (escolma)[editar | editar a fonte]

Filme
Ano Filme Papel
2000 Buzz Lightyear of Star Command: The Adventure Begins Mira Nova (Voz)
2002 The Third Wheel Sally
2005 Guess Who Liz Klein
2005 Sesame Street's All-Star Alphabet Letter A
2006 The Ant Bully Ant #9 (Voz)
2007 Meet the Robinsons Franny (Voz)
2008 Superhero Movie Julia Riker
2009 Black Dynamite Patricia Nixon
2009 17 Again Naomi
2012 Let It Shine Lyla

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]