Nicole (cantante chilena)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nicole
Nome completoDenisse Lilian Laval Soza
AliasNicole
Data nacemento19 de xaneiro de 1977
Nado enSantiago, Chile
CónxuxeSergio Lagos
OcupaciónActriz, cantante, apresentadora de radio
XéneroPop, rock
Selo(s) discográfico(s)Musicavisión, Sony BMG, Maverick, Chika Entertainment
Tempo en activo1989-actualidade
PseudónimoNicole
Na rede
Nicolemusica.cl
IMDB: nm1270889 Facebook: nicolemusica Twitter: nicolemusica Instagram: nicolemusica MySpace: nicolemusica Youtube: UCCgAEEf_cUtp-wuc3X6O42Q Vimeo: nicolemusica Spotify: 3iIMN6aYzb6coyCECxkHaS iTunes: 1206477096 Musicbrainz: 330e16fb-be7d-4b39-834d-d83b4c62a71a Songkick: 206598 Discogs: 803736 Deezer: 7942730 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Denisse Lilian Laval Soza, coñecida como Nicole, é unha cantante chilena.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciou a súa carreira musical desde unha idade temperá. Tal vez me estoy enamorando (1989), o seu primeiro álbum, foi un grande éxito local que conseguiu un Disco de Ouro. Anos máis tarde, tras unha pausa para rematar a súa escolarización, Nicole lanzou Esperando nada (1994), producido por Tito Dávila (anteriormente de Enanitos Verdes), e gravou cinco álbums que alcanzaron o número un en todas as emisoras de radio de Chile e vendeu máis de 80.000 copias.

En 1997, Nicole viaxou a Londres para gravar o seu próximo disco. Ese ano publicou Sueños en tránsito, producido por Gustavo Cerati, ex Soda Stereo. Despiértame, o seu primeiro sinxelo, foi premiado aquel ano cun MTV Video Music Awards na categoría de Mellor Vídeo Feminino. Para ampliar as súas fronteiras, a cantante decidiu probar sorte en México e, posteriormente, en Estados Unidos, onde coñeceu a Bruno del Ganado. En 2002 Nicole lanzou Viaje infinito, álbum que foi gravado en Nova York, producido por Andrés Levin. O álbum foi canddiato a un Grammy Latino e ós MTV Music Awards.

No 2004 Nicole participou en dúas películas, a curtametraxe The Miami friend e For Rent Chile, ambas recoñecidas en importantes festivais de todo o mundo. En 2005 Nicole creou o seu propio selo independente, Chika Entertainment Inc.. APT (2006-2007), o quinto álbum da súa carreira, foi mesturado en España e, a continuación, masterizado en Londres por Barry Sage. A cantante regresou a Chile, onde se concentrou na promoción do seu novo disco. Do mesmo xeito, Nicole fíxose cargo de varias campañas publicitarias. Tamén foi presentadora dun programa de radio co cantante Javiera Parra, e participou no programa Todo a coro, da TVN (Televisión Nacional de Chile), onde dirixiu o coro Talagante Prisión, que foi gañador. Asemade levou un programa de televisión de música en vivo na canle de televisión Vía-X e foi parte do grupo de organizadores do Premio Nacional de Artes 2009 Altazor no seu país.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

  • 1989: Tal vez me estoy enamorando.
  • 1994: Esperando nada.
  • 1997: Sueños en tránsito.
  • 2002:
    • Grandes éxitos
    • Viaje infinito.
  • 2006: APT.
  • 2009: 20 años.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Películas[editar | editar a fonte]

  • 2004: The Miami Friend.
  • 2005: For Rent Chile.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]