Nicolas Roeg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nicolas Jack Roeg, nado en Londres o 15 de agosto de 1928, é un director de cine inglés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira como director de fotografía (Fahrenheit 451) e axudante de dirección (Lawrence de Arabia), sen ter estudos de cine.

Debutou como director con Performance, protagonizada por Mick Jagger en 1970. Tras este filme dirixiu películas como Walkabout ou Don't Look Now, nas que se aprecian as características do seu cine, imaxes que semellan desordenadas que esixen ao espectador un traballo de orde para comprender a historia.

A partir dos anos noventa adicouse a dirixir tamén para a televisión, tanto películas (Sansón e Dalila) como episodios de series (The Young Indiana Jones Chronicles).

Obra[editar | editar a fonte]

  • 1970 - Performance (codirixida con Donald Cammell) (1970)
  • 1971 - Walkabout (1971)
  • 1972 - Glastonbury Fayre (codirixida con Peter Neal) (1972)
  • 1973 - Don't Look Now (1973)
  • 1976 - The Man Who Fell to Earth (1976)
  • 1980 - Bad Timing: A Sensual Obsession (1980)
  • 1983 - Eureka (1983)
  • 1985 - Insignificance (1985)
  • 1986 - Castaway (1986)
  • 1988 - Track 29 (1988)
  • 1990 - A maldición das meigas (1990)
  • 1991 - Cold Heaven (1991)
  • 1995 - Two Deaths (1995)
  • 2007 - Puffball (2007)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]