Nicolao III, papa
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa historia dos papas de Roma é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías papais que precisan de revisión e nas que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Papa do século XII ó século XIII |
|
|---|---|
|
|
| Papas do século XIII |
|
|
|
| Papa do século XIII ó século XIV |
|
|
|
| Antipapa/s |
|
|
Nicolao III (Giovanni Gaetano Orsini) naceu en Roma entre 1210 e 1220; faleceu en Soriano, cerca de Viterbo, o 22 de agosto de 1280, probablemente dun ataque de apoplexía.
Foi papa entre 1277 e 1280. Era membro da poderosa familia dos Orsini. Foi o primeiro papa que vivíu regularmente en Roma, onde estableceu a residencia pontifical. Ténselle reprochado o seu nepotismo.
Pontificado [editar]
Nicolao III sucedeu ao papa Xoán XXI, en boa medida grazas á influencia da súa familia, despois dun período de seis meses nos que a Santa Sede estivera vacante. O seu breve pontificado estivo marcado por algúns acontecementos importantes. Político nato, reforzou notablemente a posición papal en Italia. Concluíu un concordato con Rodolfo I de Habsburgo, en maio do 1278, polo cal a Romaña e máis o Exarcado de Ravenna foron concedidos ao papa; mentres, en xullo, promulgou unha constitución para o goberno de Roma, que faría época, pois nela vetábase aos estranxeiros a asunción de cargos civís. Nicolao III publicou a bula Exiit qui seminat, o 14 de agosto de 1279, para acalmar as contendas internas entre os franciscanos, divididos entre partidarios da observanza estrita e da laxa. Fixo reparar os pazos do Laterano e o do Vaticano, cun custoso prezo, e fixo erixir unha linda residencia de campo en Soriano, nos arredores de Viterbo. Aínda que era home de estudio, posuía un carácter forte, máis é tamén criticado por ter buscado principados para os seus sobriños e outros parentes.
Dante, na Divina Comedia, no canto dedicado ao Inferno, colocou a Nicolao III na parte reservada aos simoníacos.
Corresponde a « Rosa composita » na profecía de San Malaquías.
