Nicolás García Pereira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nicolás García Pereira
Retrato en Vida Gallega, 1920.
Nacemento1900
Lugar de nacementoFerrol
Falecemento18 de xullo de 1934
Lugar de falecementoFerrol
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor, xornalista e político
editar datos en Wikidata ]

Nicolás García Pereira (ou García Pereyra), nado en Ferrol en 1900 e finado na mesma cidade o 18 de xullo de 1934[1], foi un escritor, xornalista e político galego[2].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Matemático e poeta. Como matemático preparou a aspirantes a ingresar na Mariña de Guerra e no Exército. Fundou en San Xoán de Filgueira un equipo de fútbol chamado Libunca. Publicou algúns poemas en Vida Gallega. Foi director de El Gráfico. Presidente do Grupo ferrolán do Partido Galeguista, fundou e dirixiu o periódico Erte..![3].

Nicolás García Pereira, 1932.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Nó de saloucos e bágoas, 1920 (poemario).
  • A custureira, 1922 (novela curta).
  • Brétemas, 1933 (teatro).

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Viveiro con Dolores San Isidro en 1930[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Correo Gallego, 19-7-1934, p. 2.
  2. "Unha baixa sensíbel. Homaxe póstumo" por Ramón Villar Ponte in El Pueblo Gallego, 17-8-1934, p. 12.
  3. El Pueblo Gallego, 16-3-1933, p. 13.
  4. Vida Gallega, 20-8-1930, p. 45.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]