Nicodemus Tessin o Novo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelo Drottningholm
Castelo de Estocolmo
Igrexa de Federico en Karlskrona

Nicodemus Tessin o Novo, nado en Estocolmo o 23 de maio de 1654 e finado o 10 de abril de 1728 na mesma cidade, foi un dos máis importantes arquitectos de Suecia arredor de 1700.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo do arquitecto da corte Nicodemus Tessin o Vello. Nicodemus Tessin foi tamén arquitecto da corte desde 1676, é arquitecto municipal de Estocolmo entre 16821715 e conselleiro real desde 1712. O seu fillo, o conde Carl Gustaf Tessin, foi un influente político sueco da súa época.

Foi educado polo seu pai. De 1673 a 1680 viaxou por Europa, visitando Inglaterra, Francia e Italia. En Italia, mercé a recomendación da raíña Cristina de Suecia, estudou no taller de Bernini entre 1675 e 1678. Esta viaxe de formación tería grande influencia na súa produción arquitectónica. Volto a Roma en 1687, Tessin frecuenta o estudo do pintor Giovan Battista Gaullì, dito Baciccio.

A súa principal realización foi o vasto pazo real de Estocolmo que iniciou en 1697. A morte do seu pai, proseguirá e completará o Castelo Drottningholm.

Obras (selección)[editar | editar a fonte]