Nicias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nicias (470 a.C. - 413 a.C.) foi un político e estratego ateniense.

Seu pai era un home rico, e el investiu parte da fortuna herdada nas minas de prata do monte Laurión. Nicias encabezou aos demócratas moderados en Atenas, fronte aos radicais de Cleonte, sucedendo a Pericles á morte deste en 429 a.C. De seguido asinou a paz con Esparta (Paz de Nicias) no 421 a.C., que puña fin de feito á Guerra do Peloponeso.

No ano 415 a.C. xunto con Lámaco e Alcibíades, conduciu a expedición militar ateniense a Sicilia, en resposta a unha petición de axuda dalgunhas cidades sicilianas acosadas por Siracusa. Despois de pedir reforzos á metrópole, a expedición acabou nun completo desastre no 413 a.C., perdendo Nicias a propia vida.