Nicanor Duarte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Nicanor Duarte Frutos»)
Infotaula de personaNicanor Duarte

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Óscar Nicanor Duarte Frutos Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de outubro de 1956 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Coronel Oviedo, Paraguai Editar o valor em Wikidata
Senator of Paraguay (en) Traducir
26 de agosto de 2003 – 28 de agosto de 2008
Presidente de Paraguai
15 de agosto de 2003 – 14 de agosto de 2008
← Luis Ángel González Macchi (pt) TraducirFernando Lugo → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeParaguai Editar o valor em Wikidata
RelixiónProtestantismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Católica de Nossa Senhora de Assunção (pt) Traducir
Universidade Nacional de Assunção (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , avogado Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Colorado (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Óscar Nicanor Duarte Frutos, nado en Coronel Oviedo o 11 de outubro de 1956, é un político paraguaio, presidente de Paraguai dende 2003 ata 2008. Pertence ao Partido Colorado.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun policía afiliado á Asociación Nacional Republicana (Partido Colorado) o máis importante e influente do país; a súa nai era costureira. É afiliado ó mesmo partido do seu pai dende os 14 anos. Áchase casado actualmente con Gloria María Penayo sendo ambos de relixión protestante; teñen seis fillos.

Duarte é avogado, filósofo, xornalista e docente de socioloxía. Cursou os seus estudos na Universidade Nacional de Asunción e a Universidade Católica de Asunción. Foi Ministro de Educación durante os gobernos de Juan Carlos Wasmosy (1993-1998) e Luis Ángel González Macchi (1999-2003).

Presidencia[editar | editar a fonte]

Nicanor Duarte foi Presidente da República de Paraguai tras gaña-las eleccións xerais en abril de 2003 co 37,1% de votos como candidato do Partido Colorado, agrupación política que goberna ininterrompidamente este país dende 1947.

Duarte prometeu rematar coa pobreza e a corrupción, recoñecidas por el mesmo como alarmantes. Tralo incendio dun centro comercial na capital paraguaia e o secuestro e asasinato da filla do expresidente Raúl Cubas que tivo que afronta-lo seu goberno, Duarte admitiu que estes incidentes e outros máis son consecuencias directas da galopante corrupción que azouta o país.

A pesar de ser integrante dun partido conservador, Duarte realizou unha política máis ben esquerdista contrastando cos seus correlixionarios de gobernos predecesores. Entre estas medidas destacan o seu rexeito ó neoliberalismo na súa política económica, a súa oposición ó ALCA, a procura de cooperación de gobernos latinoamericanos como o do presidente venezolano Hugo Chávez (venda de petróleos a prezos preferenciais), ademais das boas relacións cos gobernos do Brasil de Luiz Inácio Lula da Silva e da Arxentina de Néstor Kirchner, así como o reforzamento do Mercosur. Así a todo, Duarte foi duramente criticado por varios gobernos latinoamericanos por permitir o ingreso de tropas estadounidenses no territorio paraguaio para efectuar exercicios conxuntos co Exército dese país e permitir construír unha base militar, na tripla fronteira, supostamente para combate-lo narcotráfico e o terrorismo islamista, pero algúns sectores consideran que o seu verdadeiro motivo da presenza militar estadounidense é para apoderase do acuífero guaraní.

O 8 de marzo do 2006, A Corte Suprema de Xustiza, ditou unha resolución na cal permitía a Duarte exerce-la presidencia do Partido Colorado e asemade a presidencia do país (asumiría a presidencia de dito partido o 14 de marzo dese mesmo ano). O fallo, ditado pola Corte, era unha clara e aberta violación á Constitución Nacional, xa que a mesma prohibe ó presidente e ó vicepresidente exercer dous cargos ó mesmo tempo.

Esta resolución xerou un gran descontento na poboación (excluíndo a algúns afiliados do seu partido) polo que o 28 de marzo, aproximadamente 40.000 persoas marcharon fronte a Mburuvichá Róga (residencia dos presidentes do país) para manifestar repulsión ó presidente e esixir ós cinco ministros da Corte, que ditaron a polémica resolución, as súas renuncias dos seus respectivos cargos. Esta marcha, que estaba constituída por partidos da oposición, os non afiliados e tamén algúns afiliados ó propio partido do presidente, era encabezada polo Monseñor de San Pedro, Fernando Lugo.

Tamén é criticado por se preocupar dos seus propios intereses antes do que polos grandes problemas que azoutan o país, por exemplo, chamar a unha Constituínte soamente para incluí-la reelección presidencial e así gobernar por outro período. Así a todo, a súa intención faise cada vez máis imposible, xa que algúns congresistas do seu partido lle retiraron o seu apoio, e, algúns constitucionalistas consideran pouco probable que se chame a unha Constituínte só para tratar este punto.

A pesar de iniciar o seu mandato cun alto índice de popularidade, Duarte viu cae-la porcentaxe de paraguaios que aproban a súa xestión. Esta tendencia acompaña o desgaste político do propio Partido Colorado, que a pesar de ser aínda o partido máis poderoso de Paraguai, foi perdendo hexemonía tralas distintas eleccións dende da restauración da democracia.