Nginx
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Nginx | |
|---|---|
| Desenvolvedor: | Igor Sysoev |
| Última versión: | 0.7.6 (7 de xullo de 2008) |
| Sistema operativo: | UNIX |
| Xénero: | Servidor web |
| Licenza: | BSD |
| En galego: | Non |
| Sitio web: | http://www.nginx.ru |
nginx (pronunciado "engine X") é un servidor web e proxy de correo electrónico (IMAP/POP3), licenciado baixo unha licenza de tipo BSD.
Índice |
Usuarios[editar]
Orixinalmente, nginx foi desenvolvido para dar resposta ás necesidades de varios sitios web de Rambler. De acordo co estudo estadístico de Netcraft de Xuño de 2008, nginx é actualmente usado por 2.125.160 dominios, sendo o cuarto servidor web máis popular de internet. Entre os sitios web máis famosos que usan nginx inclúense os seguintes:
Adicionalmente, Zimbra inclúe nginx como proxy/router POP3 e IMAP [7].
Características HTTP básicas[editar]
- Manexo de ficheiros estáticos, ficheiros de índice e auto-indexado.
- Reverse proxy sen caché, balance de carga e tolerancia ao fallo.
- Soporta SSL.
- Soporta FastCGI.
- Servidores virtuais baseados en nome e enderezo IP.
- Streaming FLV.
Características do proxy de correo electrónico[editar]
Nginx funciona, polo menos, en UNIX, Linux, variantes BSD, Mac OS X, Cygwin, e Solaris.
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- http://www.nginx.net/
- wiki sobre Nginx en inglés
- "COMO" de Nginx - Servidor web rápido e seguro (en inglés) con completos e prácticos exemplos e explicacións.
- Nginx para Windows (win32 funciona en: 2000, XP, Vista) versión stand-alone windows; inclúe a libreríaCygwin