Ngaru

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ngaru, na mitoloxía da illa de Mangaia nas Illas Cook, era un heroe que habitaba en Avaiki, fillo de Vaiare e neto de Moko e estaba casado con Tongatea. Para probar o seu valor , Ngaru venceu os mostruos das profundidades, descendeu ao inframundo e volveu á terra dos vivos onde por último derrotou ás fadas e a Amai-te-rangi, un demo do ceo.

Véxase tamén [editar]

Bibliografía [editar]

  • R.D. Craig, Dictionary of Polynesian Mythology (Greenwood Press: New York, 1989).
  • W.W. Gill, Myths and Songs from the South Pacific (H.S. King: London, 1876).