New jack swing

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
New jack swing
Orixe musicalDance-pop, house, funk, R&B, swing, hip hop, soul
Orixe culturalEstados Unidos, finais dos 1980
Instrumentos típicosSintetizador, teclado, caixa de ritmos, voz

New jack swing ou swingbeat[1] é un xénero musical produto da fusión, encabezado por Teddy Riley e Bernard Belle, que se volveu popular entre finais da década de 1980 e comezos da seguinte.[2] A súa influencia, xunto co hip hop, formaron parte da cultura pop e foi o son da escena musical de Nova York. Fusiona o ritmo, os samples e as técnicas de produción do hip hop e do dance-pop, xunto co son urbano contemporáneo do R&B. O new jack swing style desenvolveuse como moitos dos estilos musicais fixeran antes, mediante a combinación de elementos doutros estilos adaptados a novas sensibilidades.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. New jack swing - Britannica Online Encyclopedia
  2. BRIAN JOSEPHS. "The 25 Best New Jack Swing Songs". Complex. Consultado o 11 de abril de 2014.