New Prague, Minnesota

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaNew Prague, Minnesota
Imaxe
(2010)

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 44°32′36″N 93°34′34″O / 44.543333333333, -93.576111111111Coordenadas: 44°32′36″N 93°34′34″O / 44.543333333333, -93.576111111111
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoMinnesota
County of Minnesota (en) TraducirCondado de Scott (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación8.162 (2020) Editar o valor em Wikidata (820,26 hab./km²)
Número de fogares1.182 (2020) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie9,950445 km² Editar o valor em Wikidata
Auga0 % (1 de abril de 2010) Editar o valor em Wikidata
Altitude301 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal56071 Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico952 Editar o valor em Wikidata

Páxina webci.new-prague.mn.us Editar o valor em Wikidata

New Prague é unha cidade situada nos condados de Scott e Le Sueur, no estado de Minnesota (Estados Unidos). Segundo o censo de 2010, a cidade contaba con 7.321 habitantes.[1]

A cidade recibe o seu nome en homenaxe a Praga, a capital da República Checa, e tanto a cidade como os seus arredores reflicten as orixes checas dos seus primeiros poboadores.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O Hotel Broz, na lista do RNLH.

Segundo a United States Census Bureau (Oficina do Censo dos Estados Unidos), a cidade ten unha superficie total de 6,8 km², sendo toda ela de terra. A superficie da zona oscila entre plana e con lixeiras elevacións.

As tres principais vías de comunicación da cidade son as estradas pertencentes á Minnesota State Highways 13, 19, e 21.

Existe un lago na área de New Prague, o Cedar Lake (no Condado de Scott). O lago é un popular destino de pesca, pesca no xeo, esquí acuático e motos de auga. O lago ten unha superficie de 3.155 km², ten unha profundidade máxima de 4 m e 0,94 m de visibilidade na auga.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica de New Prague[2]
Ano 1890 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1980 1990 2000 2010
Poboación de New Prague 955 1.228 1.554 1.540 1.548 1.645 1.915 2.533 2.680 2.952 3.569 4.559 7.321

Segundo o censo de 2010 residían na cidade 7.321 habitantes e había 2.711 vivendas habitadas. A densidade de poboación era de 669,3 habitantes/km². A composición étnica da poboación era dun 96.,5 % de brancos, 0,5 % de negros, 0,3 % de nativos americanos, 0,6% de asiáticos, 0,6 % pertencentes a outras razas, e un 1.5% de dúas ou máis razas. Os hispanos ou latinos de calquera raza representaban o 1,9 % da poboación.[3] Segundo o censo do ano 2000, o 38,1 % dos habitantes era de ascendencia alemá, o 20,9 % checa, o 8,8 % norueguesa, o 8 % irlandesa e o 5,4 % checos/eslovacos. O 92,6 % da poboación falaba inglés, o 5,5 % checo e o 1,2 % alemán como primeira lingua.

O edificio do First National Bank, catalogado no RNLH.

Segundo o censo do ano 2000 había 1.694 vivendas, das cales nun 39 % contaban cun neno menor de 18 anos, no 56,7 % residían matrimonios, no 10 % vivía unha nai solteira, e o 30,3 % restante non eran familias. No 25,4 % das vivendas residía unha persoa soa e no 13,8 % das cales era unha persoa de 65 anos ou máis. A media de persoas por residencia era de 2,63 e o tamaño medio das familias de 3,20.

Na cidade o 30,6 % da poboación tiña menos de 18 anos, o 7,1 % tiña entre 18 e 24 anos, o 28,7 % entre 25 e 44 anos, o 17,1 % entre 45 e 64 anos, e o 16,6 % tiña 65 anos ou máis. A idade media da poboación era de 34 anos. Por cada 100 mulleres había 91,7 homes, mentres que por cada 100 mulleres de 18 anos ou máis había 86,4 homes.

A renda media por vivenda na cidade era de 41.750 $, e a renda media dunha familia era de 50.341 $. Os homes tiñan unha renda media de 37.393 $ fronte aos 25.164 $ das mulleres. A renda per cápita na cidade era de 17.732 $. Ao redor do 2,6 % das familias e o 6,5 % da poboación estaban por debaixo do limiar de pobreza, incluíndo un 4,9 % de persoas por baixo dos 18 anos e un 13,7 % por riba dos 65.

Dožínky[editar | editar a fonte]

O Dožínky, unha festa checa para celebrar a colleita foi levada dende a terra dos primeiros poboadores da cidade. O Festival Dožínky é celebrado anualmente na República Checa para agradecer as boas colleitas. En New Prague a celebración ten lugar o terceiro sábado de cada mes de setembro. A cidade pecha a zona máis céntrica para realizar actoos. Na véspera da celebración, a noite do venres, ten lugar unha exhibición de coches clásicos. Os entusiastas dos coches acoden a mostrar os seus vehículos nun desfile pola Rúa Principal da cidade. Posteriormente os coches son exhibidos.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome 2010 Census (City)
  2. "U.S. Decennial Census". Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2006. Consultado o 19 de outubro de 2012. 
  3. "2010 Census Data". U.S. Census Bureau. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]