New Art Riot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
New Art Riot
EP de Manic Street Preachers
Data de edición: 22 de xuño de 1990
Lanzamento: {{{lanzamento}}}
Datas de gravación: principios de 1990
Estudo(s) de gravación:
Duración:
Xénero musical: rock alternativo, hard rock
Selo discográfico: Damaged Goods
Producido por: Robin Wynn Evans
Cronoloxía
- New Art Riot Generation Terrorists

New Art Riot é un EP da banda galesa de rock alternativo Manic Street Preachers, publicado o 22 de xuño de 1990 a través do selo Damaged Goods Records. Trátase da primeira edición do grupo en contar coa formación como cuarteto composta por James Dean Bradfield, Nicky Wire, Richey Edwards e Sean Moore.

O EP está formado por curtas e rápidas cancións hard rock. Estaba influenciado polas súas bandas favoritas, como The Clash, e sería unha mostra do son que elaboraría o grupo posteriormente.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Todas as letras escritas por Nicky Wire e Richey Edwards, toda a música composta por James Dean Bradfield e Sean Moore.

N.º Título Duración
1. "New Art Riot"   3:10
2. "Strip It Down"   2:26
3. "Last Exit on Yesterday"   2:41
4. "Teenage 20/20"   3:01