Neurita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Denomínase neurita a calquera das proxeccións que saen do corpo celular dunha neurona, que poden ser dendritas ou axóns. O termo úsase frecuentemente cando se fala de neuronas inmaturas ou en desenvolvemento, especialmente en células en cultivo, porque non é doado distinguir entre axóns e dendritas ata que a diferenciación da célula é completa.

As neuritas están a miúdo ateigadas de feixes de microtúbulos, cuxo crecemento está estimulado polo factor de crecemento dos nervios (NGF), e polas proteínas tau, MAP1, e MAP2.[1]

A molécula de adhesión celular neural (N-CAM) combínase simultaneamente con outra molécula de N-CAM e co receptor do factor de crecemento de fibroblastos para estimular a actividade tirosina quinase de dito receptor para inducir o crecemento das neuritas.

Hai varios programas informáticos que facilitan o rastreo e detección de neuritas en imaxes (ver ligazóns externas).

Poden utilizarse campos eléctricos endóxenos febles para facilitar e dirixir o crecemento de proxeccións desde as neuritas do soma celular. Utilizáronse campos eléctricos de forza moderada para dirixir e potenciar o crecemento de neuritas en modelos murinos e do anfibio Xenopus. O cocultivo de neuronas con tecido glial aliñado electricamente tamén dirixe o crecemento de neuritas, xa que é rico en neurotrofinas que promoven o crecemento dos nervios.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bear, Mark F; Connors, Barry W.; Paradiso, Michael A., Neuroscience, Exploring the Brain, Philadelphia : Lippincott Williams & Wilkins; Third Edition (February 1, 2006). ISBN 0-7817-6003-8

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]