Nessa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nessa é un personaxe ficticio do legendarium de J. R. R. Tolkien, que aparece na súa obra O Silmarillion.

É unha dos Valar, os seres anxelicais que custodian e gobernan Arda (o mundo no universo de Tolkien). Nessa é irmá de Oromë e a esposa de Tulkas. Na lingua ficticia do Quenya, o seu nome quere dicir nova.

Os seus trazos máis salientábeis son a súa axilidade e velocidade: dela dise que corre máis rápido ca os cervos que adoitan seguila pola natureza[1]. Tamén é coñecido o seu amor pola danza, da que goza nas sempre verdes praderías de Valinor.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. J.R.R. Tolkien (1977), Christopher Tolkien (ed.) The Silmarillion, Allen & Unwin, Suffolk ISBN 0048231398, "Valaquenta", páx. 31