Nesodden
| Nesodden | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | Noruega |
| Condado: | Akershus |
| Xeografía | |
| Altitude: | msnm |
| Superficie: | 60 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 17129 (2009) |
| Densidade de poboación: | 265 hab./km² |
| Xentilicio: | |
| Información | |
| Código postal: | |
| Alcalde: | Christian Hintze Holm (Partido da Esquerda Socialista |
| Sitio na web: | http://www.nesodden.kommune.no/ |
Nesodden é un concello do condado de Akershus, o seu territorio está na península que separa o propio fiorde de Oslo dun dos seus brazos, o Bunnefjorde. No sur limita co concello de Frogn.
Aproximadamente tres cuartas partes do seu territorio está constituído por bosques e pastos, o 86% da poboación habita nas áreas urbanas, o resto distribúese en pequenas aldeas e caseríos.
Tangen está no norte do concello, Bjørnemyr, Fjellstrand, Spro e Fagerstrand están na parte oeste mirando cara o fiorde de Oslo. No leste están as localidades de Oksval, Ursvik, Hellvik, Berger, Jaer e Blylaget.
Xunto cos concellos de Enebakk, Frogn, Oppegård, Ski, Vestby e Ås Nesodden constitúe o distrito de Follo dentro de Akershus.
Nesodden e Oppegård formaron no pasado parte do mesmo concello ata que en 1915 Oppegård se independizou de Nesodden.
Nesodden é o límite norte en Europa da extensión do carballo, este fenómeno reflíctese nos topónimos locais de Eklund e Ekelund (eik é o noruegués para carballo)
Comunicacións [editar]
Nesodden está aproximadamente a 45 km de Oslo por estrada pero só a 7 km por mar, o ferry operado pola Nesodden–Bundefjord Dampskipsselskap tarda quince minutos en facer o traxecto desde Nesoddtangen transportando 2.400.000 pasaxeiros ó ano. A liña ata Lysaker (Bærum) transporta 200.000 viaxeiros ó ano.
Economía [editar]
As actividades tradicionais da xente de Nesodden eran a agricultura, a silvicultura e a pesca, ademais da extracción e comercio do sal , calcúlase que a produción anual no período 1895-1905 foi de 45.000 toneladas. Hoxe só o 0.6% da poboación activa traballa no sector primario, o 87% faino no sector terciario.
Personalidades [editar]
- Merete Morken Andersen, escritora
- Rune Johan Andersson, escritora e ilustradora
- Lars Fredrik Beckstrøm, músico de deLillos
- Finn Bjørnseth (1924-1973), escritor
- Sigurd Wongraven, músico de Satyricon
- Hanne Ørstavik, escritor
- Arnulf Øverland (1889-1968), escritor
- Frans Widerberg, pintor
| Concellos de Akershus | |
|---|---|
|
Ås | Asker | Aurskog-Høland | Bærum | Eidsvoll | Enebakk | Fet | Frogn | Gjerdrum | Hurdal | Lørenskog | Nannestad | Nes | Nesodden | Nittedal | Oppegård | Rælingen | Skedsmo | Ski | Sørum | Ullensaker | Vestby |