Nes, Akershus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nes, Akershus
Nes Akershus komm.png
Situación xeográfica
NO 0236 Nes.svg
Estado: Noruega
Condado: Akershus
Xeografía
Altitude: msnm
Superficie: 638 km²
Poboación
Poboación total: 18629 (2009)
Densidade de poboación: 28 hab./km²
Xentilicio:
Información
Código postal:
Alcalde: Oddmar Blekkerud (Partido dos Traballadores Noruegueses
Sitio na web: http://www.nes-ak.kommune.no/

Nes é un concello do condado de Akershus, Noruega. O municipio limita ó norte con Eidsvoll e Nord-Odal, ó leste con Sør-Odal e Eidskog, ó sur Aurskog-Høland e Sørum, e ó oeste con Ullensaker.

Índice

Lugares [editar]

Esclusas de Svanfossen

No norte do concello, na aldea de Fenstad están as esclusas de Svanfossen que regulan o Mjøsa, o maior lago noruegués. Outros lugares son Årnes, a capital municipal, Vormsund, Auli, Haga, Opakermoen, Skogbygda, Brårud, Fjellfoten, Tomteråsen e Neskollen.

Monumentos [editar]

Igrexa vella de Nes

A antiga igrexa de Nes, agora en ruínas, en Vormsund, onde conflúen os ríos Gomma e Vorma, data do século XII e era unha das tres igrexas da rexión de Romerike, pese a estar en ruínas aínda se lle dá uso para servizos relixiosos, vodas e concertos.

Igrexa nova de Nes

Medios de comunicación [editar]

Raumnes é o xornal local de Nes, o Romerikes Blad e Glåmdalen contan tamén con páxinas locais de Nes.

Personalidades [editar]

Concellos de Akershus

Ås | Asker | Aurskog-Høland | Bærum | Eidsvoll | Enebakk | Fet | Frogn | Gjerdrum | Hurdal | Lørenskog | Nannestad | Nes | Nesodden | Nittedal | Oppegård | Rælingen | Skedsmo | Ski | Sørum | Ullensaker | Vestby