Nervio troclear

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Nervio patético»)
Nervio troclear
Traxecto do nervio troclear (en amarelo)
Vista inferior do cerebro humano, cos nervios craniais anotados en inglés.
Latín nervus trochlearis
Innervación    superior oblique muscle
MeSH Trochlear+Nerve
Nervios craniais
CN I - Olfactorio
CN II - Óptico
CN III - Oculomotor
CN IV - Troclear
CN V - Trixémino
CN VI - Abducente
CN VII - Facial
CN VIII - Vestíbulococlear
CN IX - Glosofarínxeo
CN X - Vago
CN XI - Accesorio
CN XII - Hipogloso

O nervio troclear ou nervio patético é o cuarto dos doce pares craniais. Trátase dun nervio motor, que innerva o músculo oblicuo superior do ollo. Este leva o globo ocular cara a fóra.

Orixe real[editar | editar a fonte]

Atópase a nivel dos colículos inferiores, por diante da substancia gris periacuedutal, por debaixo da orixe do nervio motor ocular común.

Orixe aparente[editar | editar a fonte]

Áchase por debaixo dos colículos. O nervio atravesa o velo medular posterior. Viaxa pola parte lateral do mesencéfalo e chega ó seo venoso cavernoso. Chega á órbita a través da fendidura esfenoidal seguindo ese seo venoso.

Funcións[editar | editar a fonte]

Só ten a de mover o músculo oblicuo maior do ollo.

Lesións[editar | editar a fonte]

As súas lesións ocasionarán problemas visuais. Se son lesións centrais, a afección é contralateral (lesión do nervio dereito afecta ó ollo esquerdo e viceversa).