Nervación (arquitectura)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bóveda de crucería da concatedral de Santa María de Cáceres, España.

En arquitectura a nervadura ou nervación é o conxunto de elementos construtivos, chamados nervios, empregados nas bóvedas, especialmente nas de crucería que, por iso, se chaman tamén bóvedas nervadas. Este tipo de bóvedas, típicas da arquitectura gótica e derivadas, constrúense polo cruzamento, ou intersección, de bóvedas de canón apuntadas, que se reforzan nas arestas polos nervios que a cruzan, e que constituén o armazón o esqueleto da bóveda. Estes nervios adoitan estaren moi decorados.

A bóveda de crucería consta de dous elementos: os arcos ou nervios e os panos que cobren os espazos intermedios entre os arcos. Primeiro érguense os arcos, creando unha estrutura esvelta, resistente e lixeira, e posteriormente énchense os panos intermedios conformando as bóvedas, ficando enmarcadas transversalmente polos arcos perpiaños, tamén chamados arcos faixóns, e lonxitudinalmente polos arcos formeiros, paralelos ao eixo da nave que delimitan os tramos da bóveda.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]