Neru

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Neru
Información persoal
Nome Francisco Borja Enrique Ayesa
Nacemento 20 de xaneiro de 1974 (50 anos)
Lugar de nacemento Laredo
Altura 1,82 m.
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1991–1994 Laredo
1994–1998 Racing B
1998–2007 Racing de Santander 108 (0)
2004–2005Sporting (cedido) 37 (1)
2007Cádiz (cedido) 7 (0)
2007–2009 Sporting de Gijón 23 (0)
2009–2010 Alavés 5 (0)
2010 Huesca 9 (1)
2010–2011 Pontevedra 7 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Francisco Borja Enrique Ayesa, coñecido como Neru, nado en Santander o 20 de xaneiro de 1974, é un exfutbolista español. Xogaba de defensa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Entre 1991 e 1994 xogou nas categorías inferiores da SD Laredo. En 1994 pasou ao filial do Racing de Santander, e debutou co primeiro equipo en primeira división na tempada 1998–99, con 24 anos. Nas seguintes tempadas, incluído o paso por segunda división na tempada 2001–02, xogou varios encontros como defensa.

Na tempada 2004–05 foi cedido ao Sporting de Gijón, volvendo ao Racing na tempada seguinte. Despois de ser novamente cedido ao Cádiz CF durante 6 meses, regresou a Santander e cedido doutra volta ao Sporting, na tempada do regreso do equipo a primeira.

En agosto de 2009, xa con 35 anos, fichou polo Deportivo Alavés de segunda B. En xaneiro de 2010 fichou pola SD Huesca de segunda división, e en verán de 2010 fichou polo Pontevedra CF.

Persoal[editar | editar a fonte]

Nas eleccións municipais de 2011 presentouse como número 11 na lista do Partido Popular no concello de Laredo.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Los deportistas dan el salto a la política". Libertad Digital (en castelán). 2011-05-18. Consultado o 2020-04-06. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligaazóns externas[editar | editar a fonte]