Neptune

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Neptune
Neptunek.jpg
concerto en Pontevedra 17/11/2006
Orixe Boston, Massachusetts, Estados Unidos Flag of the United States.svg
Período 1994 - actualidade
Xénero(s) noise
Membros Jason Sanford, Mark Pearson, Daniel Boucher
Na rede
páxina oficial

Neptune é un grupo de música de Boston. Fan noise cuns instrumentos feitos por eles mesmos: batería, guitarra e baixo. O baixo está formado por unha caixa dun reprodutor de VHS. A guitarra conta cunha gadaña. A batería conta con elementos de ferraxería. Ademais, son empregados vibráfonos e outros elementos de percusión e berimbaos.

Membros[editar | editar a fonte]

  • Jason Sanford: guitarra barítona, órgano oscilador, vibráfono eléctrico, oscilador rítmico controlado co pé, tupperphone, corda eléctrica curta e voces.
  • Mark Pearson: guitarra barítona, proxector de catro cordas, baixo, osciladores, sintetizadores, corda eléctrica longa, sintetizador de luz, percusión e voces.
  • Daniel Boucher: batería, timbal base eléctrico, osciladores golpeadores dos timbais, caixa de ruído telegráfico, gaita eléctrica de gas e voces.

Historia[editar | editar a fonte]

O grupo fundouse en 1994 como un proxecto artístico de Jason Sanford, sendo estudante de escultura, que uniu as guitarras-ameazantes e a batería xunto con palas, tanques de gas, barriles de aceite, partes de bicicletas, caixas de VHS e todo tipo de trozos de metal atopados entre o lixo.

As primeiras guitarras foron deformadas e modificadas, co resultado do clamor atonal ó son garage das súas primeiras gravacións. Con moitos membros diferentes e colaboracións ó longo dos anos, a música evoluíu cos instrumentos cara ós sons tradicionais do rock'n'roll e os sons máis industriais. A formación de tres pezas reinvéntase con elementos electrónicos feitos por eles mesmos con elementos metálicos como sinatura persoal. A improvisación e as performances xogan roles clave nos seus concertos.

No verán do 2006 asinaron con Table of the Elements, un selo experimental onde tamén están artistas como Rhys Chatham, John Cale ou Captain Beefheart.

Nese ano tocaron 117 veces, percorrendo dúas veces os Estados Unidos e facendo unha xira de dous meses por Europa. Neptune é coñecido nas súas xiras polos Estados Unidos pola súa furgoneta clásica psicodélica, cun sereno pintado.

Neptune tocou con moitos grupos independentes, como Mission of Burma, The Ex, Liars, Oneida, Enon, Lightning Bolt, Black Dice, Flaming Lips, Blonde Redhead, Erase Errata, Melt Banana, Arab on Radar, Wolf Eyes,James Chance and the Contortions ou Parts and Labor.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Knife Fight E.P., 7". (autoproducido, 1996)
  • Swang!/Poodle Walk, sinxelo de 7". (Anti-Social Records, 1996)
  • Studio Recordings, May MCMXCVII, CD/LP. (Archenemy Records, 1999)
  • Your Company/Productivity is a Science, sinxelo de 7". (Heliotrope Records, 2000)
  • Basement Recordings E.P., cd de 6 cancións (Mister Records, 2001)
  • At the Pink Pony/A Car Is A Weapon, sinxelo de 7" en directo. (Mister Records, 2002)
  • The Ballet of Process, CD/LP. (Mister/100% Breakfast Records, 2002)
  • Intimate Lightning, CD/LP. (Mister/100% Breakfast Records, 2004)
  • Green Cassette, Casette C30 con 5 cancións (Wrong Whole Records, 2005)
  • 3" CD-R con 5 cancións (Magnetism Crafts, 2005)
  • Mice and Worms, LP de 12" con 6 cancións. (Magnetism Crafts/Self-Release, 2005)
  • White Cassette, cassette C20 con catro cancións. (Magnetism Crafts, 2005)
  • 3" Collage CDR, CD-R con dúas cancións. (Magnetism Crafts / Self-Release, 2006)
  • Patterns, CD/LP. (Self-Release (US)/Fortissimo (UK)/Les Potagers Natures (France), 2006)
  • Red Cassette, casette C30 con 6 improvisacións. (Magnetism Crafts, 2006)
  • 3" CDR, CD-R con 3 cancións. (Hiddenbirdhouse, 2006)
  • Untitled Improvised LP, (sólo en formato LP). (Golden Lab Records, 2007)
  • Split LP, LP con One Second Riot. (Distile Records, 2007)
  • Paris Green, CD-R con 5 cancións con deseño pintado a man. (Magnetism Crafts/Wrong Hole, 2007)
  • Gong Lake, CD/LP (Radium/Table of the Elements, febreiro 2008)

Videos[editar | editar a fonte]

  • The Penetrating Gaze Video de Bill T. Miller, gravado no Middle East, Cambridge, MA, 12/29/2005
  • Live in Strasbourg France (set completo de 11 cancións), gravado en directo no Le Zanzibar, Strasbourg, Francia, 9/27/06

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]