Nepociano de Asturias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nepociano, foi un comes palatii (conde de palacio) na corte do rei Afonso II en Oviedo, chegando a suceder a este efemeramente no ano 842. É citado nas crónicas como cognatus regis (cuñado do rei) ou en calquera caso, parente do rei, probablemente por vía materna xa que Afonso II tiña ascendencia materna vasca, e foron precisamente vascos e astures os principais valedores da causa de Nepociano.[1]

Á morte do rei Afonso II, e aproveitando a ausencia de Ramiro I, que segundo as crónicas afonsinas fora nomeado sucesor por Afonso II ,[2] ocupou o trono. Reuniu ás súas tropas compostas por asturianos e vascóns[3] e tratou de opoñer ao exercito galego encabezado por Ramiro I. O encontro tivo lugar na localidade de Cornellana, xunto ao río Narcea, pero o exército de Nepociano finalmente foi derrotado.[3]

Segundo as crónicas posteriores, Nepociano foi capturado, cegado e encerrado nun convento de localización descoñecida.


Predecesor:
Afonso II
Rei de Galicia
842
Sucesor:
Ramiro I

Bibliografía[editar | editar a fonte]


Notas[editar | editar a fonte]

  1. José Antonio Escudero (ed.), Javier Alvarado Planas, José Mª de Francisco Olmos. (2008) El Rey. Historia de la Monarquía. Vol 1. Ed. Planeta. ISBN 978-84-08-07696-4. pp. 24.
  2. Claudio Sánchez Albornoz|Sánchez Albornoz, Claudio. Orígenes de la Nación Española. El Reino de Asturias. Capítulo VI: Tras cuarenta años de paz interior.
  3. 3,0 3,1 Gonzalo Martínez Diez|Martínez Diez, Gonzalo. El Condado de Castilla (711-1065). La Historia frente a la leyenda. Valladolid, Junta de Castilla y León, 2004. ISBN 84-9718-275-8 volume 1, páxina 219