Nepal - नेपाल अधिराज्य

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Xeografía en progreso: Este artigo de xeografía é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre.
नेपाल अधिराज्य
Nepal Adhirâjya
Estado de Nepal
Bandeira de Nepal - नेपाल अधिराज्य Imaxe:Nepal gov logo.png
Bandeira Escudo
Lema nacional: जननी जन्मभूमिश्च स्वर्गादपी गरीयसी
A nai e a patria son máis grandes que o Reino dos Ceos
Himno nacional: Rastriya Gaan
 
 
Capital
 • Poboación
Katmandú
1.450.000 hab.
Cidade máis poboada Katmandu
Lingua oficial Nepalés
Forma de goberno Monarquía absoluta
Gyanendra Bir Bikram Shah Dev
Girija Prasad Koirala
Unificación
Independencia
1768
1869
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 94º
140.800 km2
2.8%
n/a km
n/a km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 40º
27'676.547 (julio de 2005)
184 hab/km2
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2005)
 • PIB per cápita
Posto 85º
US$ 39.815'000.000
US$ 1.471
Moeda Rupia
Xentilicio Nepalí
Fuso horario NPT (UTC + 5:45)
Dominio Internet .np
Prefixo telefónico +977
Prefixo radiofónico 9NA-9NZ
Código ISO 524 NPL NP
Membro de: ONU, SAARC
Tódolos países do mundo


O Nepal é un país do sur de Asia, con fronteiras coa China (Tíbet) ao norte e a India ao sur . A súa capital e Kathmandú; a lingua oficial é o nepalés e a moeda e a rupia nepalesa.

Mapa de Nepal

Índice

[editar] Xeografía

O Nepal ten, máis ou menos, a forma dun trapecio irregular, formando un pequeno país que de leste a oeste ten unha lonxitude duns 800 km e de norte e sur unha anchura máxima duns 200 km, cubrindo unha área de 147.181 km².

Desde unha perspectiva fisiográfica, o Nepal pode ser dividido en tres zonas, ou mellor bandas , que dun xeito groseiro, están orientadas de leste a oeste : a zona montañosa, a zona dos outeiros e a rexión do Terai.

Estas tres zonas están irrigadas polos maiores cursos de auga do país. A altitude varía desde os 60 metros no Terai, até os 8.848 metros na cima do Everest. Este gradiente tan enorme entraña unha diversidade de climas e de terras.

[editar] Climas

A grandes trazos atopamos tres variedades climáticas básicas:

  • subtropical nas chairas do Terai, que bordean no sur do país á India, e por onde corren os tres ríos principais, Kosi, Narayani e Karnali, que pertencen á marxe norte da grande chaira indo-ganxética. Caracterízase por unha estación chuviosa, entre xuño e setembro, causada polo monzón, e outra estación, seca, que cubre o resto do ano;
  • temperado na rexión central, de montañas medianas e outeiros;
  • frío e seco na rexión das altas montañas do Himalaia.

Somente un 20 % da superficie total do país é cultivábel, de xeito que as necesidades acrecentadas unha poboación que medra, tanto en combustíbel como en arroz, o alimento básico, arrastran a unha deforestación preocupante.

[editar] Linguas

Dacordo co censo do 2001, fálanse 92 linguas no Nepal. As principais (porcentaxes como lingua nai) son: nepalés (49%), Maithili (12%), Bhojpuri (8%), Tharu (6%), Tamang (5%), Newari/Nepal Bhasa (4%), Magar (3%), Awadhi (2%), Bantawa (2%), Limbu (1%), e Bajjika (1%). As restantes 81 son faladas por menos do 1%.

[editar] Zonas

O Nepal dividese en 14 zonas:


[editar] Reino de Mustang

Pequeno Reino semi-Independente no seo do Nepal, situado no norte do Nepal, fundado sobre o1380. Territorio de 1200 km². Este Reino e tamén chamado o « Reino Prohibido ». Na súa capital Lo Mastang, o seu soberano dirixe aos 8000 habitantes. A rexion é tan hostil, situado no Himalaia, que ata o comezo dos anos 1980 o Reino estaba totalemente isolado do mundo. O réxime político é feudal.

[editar] Demografia

Evolución da demografia entre 1961 e 2003 (cifra da FAO, 2005). Poboación en milleiros de habitantes.
Evolución da demografia entre 1961 e 2003 (cifra da FAO, 2005). Poboación en milleiros de habitantes.

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:



Países do mundo | Asia
Afganistán | Arabia Saudí | Armenia | Acerbaixán | Bahrain | Bangladesh | Brunei | Bután | Camboxa | Casaquistán | China | Corea do Norte | Corea do Sur | Emiratos Árabes Unidos | Filipinas | Xeorxia | Iemen | India | Indonesia | Irán | Iraq | Israel | Kuwait | Laos | Líbano | Maldivas | Malaisia | Mongolia | Myanmar | Nepal | Omán | Paquistán | Qatar | Quirguicistán | Singapur | Siria | Sri Lanka | Taxiquistán | Tailandia | Taiwán | Timor Leste | Turcomenistán | Turquía | Usbequistán | Vietnam | Xapón | Xordania
Países con parte do seu territorio en Asia

Rusia | Turquía | Exipto

Ferramentas persoais
Outras linguas