Nepal
| संघीय लोकतान्त्रिक गणतन्त्र नेपाल Sanghiya Loktāntrik Ganatantra Nepāl República Democrática Federal do Nepal |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
O Nepal é un país do sur de Asia, con fronteiras coa China (Tíbet) ao norte e a India ao sur. A súa capital e Katmandu; a lingua oficial é o nepalés e a moeda é a rupia nepalesa.
Índice |
Xeografía[editar]
O Nepal ten, máis ou menos, a forma dun trapecio irregular, formando un pequeno país que de leste a oeste ten unha lonxitude duns 800 km e de norte e sur unha anchura máxima duns 200 km, cubrindo unha área de 147.181 km².
Desde unha perspectiva fisiográfica, o Nepal pode ser dividido en tres zonas, ou mellor bandas , que dun xeito groseiro, están orientadas de leste a oeste: a zona montañosa, a zona dos outeiros e a rexión do Terai.
Estas tres zonas están irrigadas polos maiores cursos de auga do país. A altitude varía desde os 60 metros no Terai, até os 8.848 metros na cima do Everest. Este gradiente tan enorme entraña unha diversidade de climas e de terras.
Climas[editar]
A grandes trazos atopamos tres variedades climáticas básicas:
- subtropical nas chairas do Terai, que bordean no sur do país á India, e por onde corren os tres ríos principais, Kosi, Narayani e Karnali, que pertencen á marxe norte da grande chaira indo-ganxética. Caracterízase por unha estación chuviosa, entre xuño e setembro, causada polo monzón, e outra estación, seca, que cubre o resto do ano;
- temperado na rexión central, de montañas medianas e outeiros;
- frío e seco na rexión das altas montañas do Himalaia.
Soamente un 20 % da superficie total do país é cultivábel, de xeito que as necesidades acrecentadas unha poboación que medra, tanto en combustíbel como en arroz, o alimento básico, arrastran a unha deforestación preocupante.
Economía[editar]
- Artigo principal: Economía de Nepal.
Linguas[editar]
Dacordo co censo do 2001, fálanse 92 linguas no Nepal. As principais (porcentaxes como lingua nai) son: nepalés (49%), Maithili (12%), Bhojpuri (8%), Tharu (6%), Tamang (5%), Newari/Nepal Bhasa (4%), Magar (3%), Awadhi (2%), Bantawa (2%), Limbu (1%), e Bajjika (1%). As restantes 81 son faladas por menos do 1%.
Zonas[editar]
O Nepal divídese en 14 zonas:
- Bagmati.
- Bheri.
- Dhawalaxiri.
- Gandaki.
- Xanakpur.
- Karnali.
- Kosi.
- Lumbini.
- Mahakali.
- Mechi.
- Narayani.
- Rapti.
- Sagarmatha.
- Seti.
Reino de Mustang[editar]
O reino de Mustang é un pequeno Reino semi independente no seo do Nepal, situado no norte do Nepal, fundado sobre o 1380. Ocupa 1.200 km², e tamén recibe o nome de «Reino Prohibido». Ten 8.000 habitantes, e a súa capital é Lo Mastang. A rexión é tan hostil, situado no Himalaia, que ata o comezo dos anos 1980 o Reino estaba totalmente illado do mundo. O réxime político é feudal.
Demografia[editar]
Véxase tamén[editar]
|
||||||||