Neovirxilianismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O neovirxilianismo é unha vangarda galega da primeira metade do século XX e que fai referencia a Virxilio, autor de xeórxicas e bucólicas inducidas por César para gabar a vida do campo nun momento de éxodo rural.

Orixe e definición[editar | editar a fonte]

Recibiu tamén os nomes de "paisaxismo humanista" e de "Escola dos poetas do Norte de Lugo". A denominación de Neovirxilianismo ten a súa orixe na poesía de Aquilino Iglesia Alvariño. Mais foi este mesmo autor quen creou a nomenclatura de "Poetas do Norte de Lugo", debido a que a maioría dos creadores líricos pertencentes a esta corrente eran orixinarios desta zona de Galiza, concretamente versificadores educados no Seminario Concilar de Mondoñedo. Pese a que o neovirxilianismo ten os seus antecedentes na obra de Antonio Noriega Varela e Xosé Crecente Vega, os seus principais cultivadores foron Aquilino Iglesia Alvariño e Xosé María Díaz Castro.

É unha corrente xurdida na época da vangarda, mais que combina o mundo clásico grecolatino coa realidade paisaxística galega, a cal é a gran protagonista desta lírica.

Principais características[editar | editar a fonte]

  • Foi cultivada por autores cunha forte formación clásica;
  • A temática é paisaxística e localista;
  • Reivindicación da cultura popular galega, arrequentada con elementos grecolatinos;
  • Son textos altamente elaborados, sometidos a un evidente rigor métrico, marcado pola métrica clásica:
  • Dignificación do elemento rural e do idioma galego.

Autores[editar | editar a fonte]

Os autores deste tipo de poesía son case todos lugueses. Cada un presenta certas peculiaridades que moitas veces dependen do tempo no que escribe. Algúns destes autores son:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Real Academia Galega. "Letras Galegas. Antonio Noriega Varela. Biografía". Real Academia Galega. Consultado o 27 de decembro de 2018.