Neoestoicismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O neoestoicismo foi un movemento filosófico nado no século XVI que unía na súa concepción elementos do estoicismo e do cristianismo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi fundado polo humanista belga Justus Lipsius, quen en 1584 publico o seu famoso diálogo De constantia onde sentou as bases do neoestoicismo. Máis tarde desenvolveu máis a súa teoría nos tratados Manductio ad stoicam philosophiam (Introdución á filosofía estoica), Physiologia stoicorum (Física do estoicismo) e Ethica (Ética).

O neoestoicismo é unha filosofía práctica que sostén que a norma básica da vida debería ser que o ser humano non pode ceder ante a paixón terreal senón someterse aos ditados de Deus. Os neoestoicistas distinguen entre catro paixóns estoicas: gula, alegría, medo e dor.

Francisco de Quevedo foi se cadra o maior representante desta movemento en España.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]